APE-Galicia - Servizos

Praza de España, 1 – 1º Esq. – Ofic. 1 | 36002 – PONTEVEDRA
Telf.: 986891657 | Fax: 986891657
Inicio » Listado de noticias » ReuniÓn coa conselleira de ...

260421reunioniiiplanrescate_2_

REUNIÓN COA CONSELLEIRA DE EMPREGO E IGUALDADE PARA AVANZAR NO TERCEIRO PLAN DE RESCATE DA XUNTA DE GALICIA

Os avances no Terceiro Plan de Rescate da Xunta de Galicia foi o tema central dunha nova reunión coa conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, á que asistiron o presidente de APE Galicia, José Ramón Caldas, e a secretaria técnica executiva, Sonia Acuña Pazos.

Neste encontro celebrado por videoconferencia, no que tamén estiveron presentes os representantes de ATA Galicia, Álvaro Viqueira e Rafael Granados, e de Agtamar UPTA, Eduardo Abad; a conselleira de Emprego asegurou que están á espera de que o Goberno central transfira os 234 millóns de euros que lle corresponden a Galicia para poder activar este terceiro plan de axudas para persoas traballadoras autónomas e pequenas empresas.

O obxectivo é que nesta edición todos os sectores afectados pola pandemia e que amosen unha perda de facturación, poidan acceder ás axudas e non se limite as actividades, facendo un procedemento semellante aos dous plans de rescate anteriores, co que se evitaría o mecanismo que ten establecido o Estado coa esixencia de xustificacións previas moi complexas que poden retrasar moito o pago do importe final.

Nas próximas semanas, APE Galicia espera poder dar información máis detallada sobre este III Plan de Rescate.

  • 260421reunioniiiplanrescate_2_