APE-Galicia - Servizos

Praza de España, 1 – 1º Esq. – Ofic. 1 | 36002 – PONTEVEDRA
Telf.: 986891657 | Fax: 986891657
Inicio » Listado de noticias » Comeza o taller online diri...

Iniciocursomarin

COMEZA O TALLER ONLINE DIRIXIDO AOS NEGOCIOS DO CONCELLO DE MARÍN

A asociación presidida por José Ramón Caldas, APE Galicia, deu comezo onte ao taller “Dixitalízate” financiado polo concello de Marín en colaboración con ACEMAS.

A secretaria técnica da asociación, Sonia Acuña, deu a benvida ás 25 persoas de negocios de Marín que se inscribiron  a esta formación que celebrarase a través de Zoom de 20:30 a 22:30 horas os luns, mércores e xoves ata o próximo 18 de maio.

Impartido por Natalia Maquieira, content creator e CEO de Paso a Paso Agency e especialista en comunicación dixital, os asistentes ao curso aprenderán a utilizar as ferramentas e coñecementos básicos para que a imaxe dos seus negocios mellore notablemente e poidan atraer a máis, xa que saber comunicar e aproveitar as redes sociais como canle de vendas é fundamental para ser competitivos.

  • Iniciocursomarin