APE-Galicia - Servizos

Praza de España, 1 – 1º Esq. – Ofic. 1 | 36002 – PONTEVEDRA
Telf.: 986891657 | Fax: 986891657
Inicio » Listado de noticias » Convenio de colaboraciÓn de...

Acuerdokeepcomp

CONVENIO DE COLABORACIÓN DE APE GALICIA COA CONSULTORA KEEP COMP

APE Galicia, no seu propósito de apoiar ao colectivo de persoas traballadoras autónomas e pequenas empresas, chegou a un acordo coa consultora galega Keep Comp, que ten como actividade a prestación de asesoría dentro do Servizo de Compliance que ofrece.

O convenio de colabaroción, asinado por José Ramón Caldas, como presidente da APE Galicia, e Carmen Tarrón e María de los Ángeles Horta, como representantes da sociedade Keep Compliance S.L; fará posible que as entidades asociadas poidan coñecer e contratar, con prezos especiais, os servicios da consultora composta por mulleres profesionais no seu ámbito de actuación.

Cunha amplia experiencia no asesoramento sobre cumplimento normativo e litixios corporativos, Keep Comp aspira a convertirse en todo un aliado para as asociacións empresariais e de persoas traballadoras autónomas que forman parte de APE Galicia, na  aplicación de mecanismo legais da Lei de la Segunda Oportunidade, plans de igualdade, rexistros salariais ou auditorias retributivas, entre outras.

Deste xeito, e a raíz da crise que está a atravesar o colectivo debido a medidas restritivas pola pandemia, APE Galicia coa colaboración de Keep Comp organizou como primeira actuación en conxunto, unha webinar informativa sobre a Lei de Segunda Oportunidade para persoas traballadoras autónomas e particulares, unha gran descoñecida e que pode ser unha ferramenta moi valiosa para ter unha nova oportunidade de empezar de cero.

Ademáis da interesante información ofrecida no encontro dixital por Carmen Tarrón, que tamén é especialista en Deretito Concursal e Lei de Segunda Oportunidade, Keep Comp pon a disposición dos asociados e das asociadas de APE Galicia un primeiro servizo gratuito de asesoramiento relativo á aplicación deste mecanismo legal ou doutros que podan ser de interese.

  • Acuerdokeepcomp