APE-Galicia - Servizos

Praza de España, 1 – 1º Esq. – Ofic. 1 | 36002 – PONTEVEDRA
Telf.: 986891657 | Fax: 986891657
Inicio » Listado de noticias » ReuniÓn ape galicia co cons...

REUNIÓN APE GALICIA CO CONSELLEIRO DA PRESIDENCIA

A Asociación Intersectorial e Interterritorial de Autónomos e Pequenas Empresas de Galicia, APE GALICIA, reuniuse hoxe co Sr. Conselleiro de Presidencia, D. Alfonso Rueda Valenzuela, para tratar o tema da Economía Somerxida e o Intrusismo Profesional. En cumprimento do acordo tomado pola Xunta Directiva de APE Galicia en Decembro de 2011, a Asociación segue coa rolda de reunións fixadas para dar a coñecer á Administración os resultados do estudo sobre economía somerxida e intrusismo profesional realizado en colaboración coas Asociacións ATRA, INSTALECTRA E FONCALOR, e que afecta a tódalas provincias e sectores. Na reunión mantida hoxe, D. José Ramón Caldas Martínez (Presidente de APE Galicia), D. José Manuel Rodríguez Simón (Secretario Xeral de ATRA), Dna. Lucía Pedroso Suárez (Vocal Portavoz de APE Galicia), D. José Carlos García Cumplido,(Asesor de ARA), e Dna Alejandra Caamaño Rivas, (Técnico de APE Galicia), trasladaron a D. Alfonso Rueda a distintas problemáticas dos sectores participantes neste estudo e as actuacións que propoñen as citadas asociacións, aspectos no que o Sr. Conselleiro de Presidencia se mostrou moi interesado. Entre outras medidas, falouse da creación de un rexistro público de profesionais organizado por actividades onde calquera persoa interesada poida comprobar se quen lle está a realizar un servizo é ou non un evitar o intrusismo, ou a organización de unha reunión con responsables do FEGAMP para tratar de coordinar medidas que freen a venda ilegal de vehículos na vía pública. APE Galicia seguirá traballando neste problema, que xa trasladou a Dna. María José Bravo Bosh, Delegada da Xunta en Vigo, e a D. Samuel Jesús Juárez Casado, Delegado do Goberno, que supón un lastre para a recuperación económica do país e para a creación de emprego.