APE-Galicia - Servizos

Praza de España, 1 – 1º Esq. – Ofic. 1 | 36002 – PONTEVEDRA
Telf.: 986891657 | Fax: 986891657
Inicio » Listado de noticias » O goberno central aproba de...

Fondosgobierno

O GOBERNO CENTRAL APROBA DESTINAR 2.111 MILLÓNS DE EUROS Á DISTRIBUCIÓN TERRITORIAL PARA AS POLÍTICAS ACTIVAS DE EMPREGO

O Consello de Ministros autorizou a proposta de distribución territorial de dotación de fondos xestionados polas comunidades autónomas con competencias no ámbito das Políticas Activas de Emprego. O importe total é de 2.110.827.030 euros con cargo ao Servizo Público de Emprego Estatal ( SEPE).

A Conferencia Sectorial de Emprego e Asuntos Laborais determinará, finalmente, a distribución territorial deste importe. Todas as comunidades autónomas mellorarán ou igualarán as súas percepcións para financiar as Políticas activas de Emprego en 2021 respecto ao exercicio anterior.

O importe dos fondos apróbase con carácter previo á celebración da Conferencia Sectorial de Emprego e Asuntos Laborais que se encargará de aprobalos e de determinar a distribución resultante entre as comunidades autónomas en base aos criterios autorizados polo Consello de Ministros.

Esta distribución de fondos completarase con outra partida de 688 millóns de euros con cargo ao Plan de Recuperación, Transformación e  Resiliencia.

Os recursos destinados ás Políticas Activas de Emprego contemplados nos Orzamentos Xerais do Estado para 2021 aumentaron un 35,7% respecto ao exercicio anterior, o que reafirma o compromiso do Ministerio de Traballo e Economía Social nesta materia.
  • Fondosgobierno