APE-Galicia - Servizos

Praza de España, 1 – 1º Esq. – Ofic. 1 | 36002 – PONTEVEDRA
Telf.: 986891657 | Fax: 986891657
Inicio » Listado de noticias » Esta semana os comerciantes...

Bono_activa_comercio

ESTA SEMANA OS COMERCIANTES PODERÁN DARSE DE ALTA NO PROGRAMA “BONOS ACTIVA COMERCIO” DA XUNTA DE GALICIA

A Xunta de Galicia, por medio da Dirección Xeral de Comercio e coa colaboración da Federación Galega de Comercio, está a punto de poñer en marcha a campaña “Bonos Activa Comercio” coa que pretende movilizar 55 millóns de euros, cunha inversión de 10 millóns de euros, para reactivar ao consumo no comercio local.

Para que o maior número de comercios galegos poidan beneficiarse desta iniciativa, a partir de finais desta semana activarase a web www.bonosactivacomercio.gal onde os comerciantes atoparán un formulario para facer o seu rexistro, cun prazo de 15 días dende a súa activación. Quedan fora desta campaña as gasoliñeiras, estancos e tendas de alimentación.

A alta neste programa é bastante sinxela, só hai que ter en conta os seguintes pasos:

1º) Cubrir o formulario na páxina web www.bonosactivacomercio.gal para rexistrar o comercio. Ademáis dos datos básicos, haberá que facilitar o IAE da actividade que se desenvolva e o IBAN da conta da vosa empresa ou ao nome da persoa traballadora autónoma dada de alta na aplicación.

2º) Descargar no móbil ou tablet que usas no comercio, a APP da campaña para aplicar o descontó correspondente ao cliente que chegue ao comercio co alta no programa de bonos. Así, a Xunta ten a información da operación realizada de forma inmediata la información de la operación realizada e no prazo dunha semana, pode aboar o desconto ao cliente na conta bancaria do comercio facilitada.

Os descontos poderán ser de 5 euros por compras iguales ou superiores a 30 euros ou de 10 euros por compras iguales ou superiores aos 50 euros. A mesma APP indicará que desconto corresponde á compra realizada.

Os Bonos Activa Comercio estarán activos durante tres meses, a partir do momento que os clientes poidan darse de alta. Os comercios rexistrados recibirán dípticos explicativos da campaña e unha pegatina identificativa para que os clientes sepan que están adheridos á campaña, aínda que a propia APP do programa a que terán acceso os clientes dados de alta lle permitirá xeolocalizar os comercios.

Para que a campaña sexa un éxito non só a alta dos comercios se non tamén dos clientes, polo que é fundamental que se anime aos clientes a darse de alta na APP para que se beneficien dos descontos, que poderán facelo previsiblemente a partir do mes de maio.

  • Bono_activa_comercio