APE-Galicia - Servizos

Praza de España, 1 – 1º Esq. – Ofic. 1 | 36002 – PONTEVEDRA
Telf.: 986891657 | Fax: 986891657
Inicio » Listado de noticias » Modificación das medidas re...

Cambios_120421

Modificación das medidas restritivas adoptadas para facer fronte a crise sanitaria causada polo SARS-CoV-2 a partir do luns 12 de abril

Publicada no DOG número 66-bis, do 9 de abril de 2021 os cambios xurdidos nas medidas restritivas debido ao proceso de desescalada gradual das restricións que está levando a cabo a Xunta de Galicia e que terán efecto a partir  deste luns 12 de abril de 2021 ás 00 horas.

Así, debido á evolución epidemiolóxica, algúns concellos cambiarion de nivel de restrición, quedando a situación do seguinte xeito:

Nivel Máximo

O Grove, A Pobra do Caramiñal e Carballeda de Valdeorras.

Nivel Alto

Barreiros, Boimorto, Boiro, Carral, A Illa de Arousa, O Irixo, Monterrei e A Pobra do Brollón.

Nivel Medio

Baiona, O Carballiño, Cortegada, Gondomar, Meis, As Neves, Noia, Padrenda, Rábade, Ribadumia, Sanxenxo, Soutomaior, Vilaboa e Vilanova de Arousa.

Nivel Medio - Baixo

Abadín, Abegondo, Agolada, Alfoz, Allariz, Ames, Amoeiro, Antas de Ulla, Aranga, Arbo, Ares, A Arnoia, Arteixo, Arzúa, Avión, Baleira, Baltar, Bande, A Baña, Baños de Molgas, Baralla, Barbadás, O Barco de Valdeorras, Barro, Beade, Beariz, Becerreá, Begonte, Bergondo, Betanzos, Os Blancos, Boborás, A Bola, O Bolo, Boqueixón, Bóveda, Brión, Bueu, Burela, Cabana de Bergantiños, Cabanas, Caldas de Reis, Calvos de Randín, Camariñas, Cambados, Cambre, Campo Lameiro, Cangas, A Cañiza, A Capela, Carballeda de Avia, Carballedo, Carballo, Cariño, Carnota, Cartelle, Castrelo de Miño, Castrelo do Val, Castro Caldelas, Castro de Rei, Castroverde, Catoira, Cedeira, Cee, Celanova, Cenlle, Cerceda, Cerdedo-Cotobade, Cerdido, Cervantes, Cervo, Chandrexa de Queixa, Chantada, Coirós, Coles, Corcubión, O Corgo, Coristanco, A Coruña, Cospeito, Covelo, Crecente, Cualedro, Culleredo, Cuntis, Curtis, Dodro, Dozón, Dumbría, Entrimo, Esgos, A Estrada, Fene, Ferrol, Fisterra, Folgoso do Courel, A Fonsagrada, Forcarei, Fornelos de Montes, Foz, Frades, Friol, Gomesende, A Guarda, A Gudiña, Guitiriz, Guntín, O Incio, Irixoa, Lalín, A Lama, Láncara, A Laracha, Larouco, Laxe, Laza, Leiro, Lobeira, Lobios, Lourenzá, Lousame, Lugo, Maceda, Malpica de Bergantiños, Manzaneda, Mañón, Marín, Maside, Mazaricos, Meaño, Meira, Melide, Melón, A Merca, Mesía, A Mezquita, Miño, Moaña, Moeche, Mondariz-Balneario, Mondariz, Mondoñedo, Monfero, Monforte de Lemos, Montederramo, Monterroso, Moraña, Mos, Mugardos, Muíños, Muras, Muros, Muxía, Narón, Navia de Suarna, Neda, Negreira, Negueira de Muñiz, Nigrán, As Nogais. Nogueira de Ramuín, Oia, Oímbra, Oleiros, Ordes, Oroso, Ortigueira, Ourense, Ourol, Outeiro de Rei, Outes, Oza-Cesuras, Paderne de Allariz, Paderne, Padrón, Palas de Rei, Pantón, Parada de Sil, Paradela, O Páramo,  A Pastoriza, Pazos de Borbén, Pedrafita do Cebreiro, O Pereiro de Aguiar, A Peroxa, Petín, O Pino, Piñor, A Pobra de Trives, Poio, Pol, Ponte Caldelas, Pontecesures, Ponteareas, Ponteceso, Pontedeume, Pontedeva, A Pontenova, As Pontes de García Rodríguez, Pontevedra, Porqueira, O Porriño, Portas, Porto do Son, Portomarín, Punxín, Quintela de Leirado, Quiroga, Rairiz de Veiga, Ramirás, Redondela, Rianxo, Ribadavia, Ribadeo, Ribadumia, Ribas de Sil, Ribeira de Piquín, Ribeira, Riós, Riotorto, Rodeiro, Rois, O Rosal, A Rúa, Rubiá, Sada, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, Samos, San Amaro, San Cibrao das Viñas, San Cristovo de Cea, San Sadurniño, San Xoán de Río, Sandiás, Santa Comba, Santiago de Compostela, Santiso, Sarreaus, Sarria, O Saviñao, Silleda, Sober, Sobrado, As Somozas, Taboada, Taboadela, A Teixeira, Teo, Toén, Tomiño, Toques, Tordoia, Touro, Trabada, Trasmiras, Trazo, Triacastela, Tui, Val do Dubra, O Valadouro, Valdoviño, Valga, Vedra, A Veiga, Verea, Verín, Viana do Bolo, O Vicedo, Vigo, Vila de Cruces, Vilagarcía de Arousa, Vilalba, Vilamarín, Vilamartín de Valdeorras, Vilar de Barrio, Vilar de Santos, Vilardevós, Vilariño de Conso, Vilarmaior, Vilasantar, Vimianzo, Viveiro, Xermade, Xinzo de Limia, Xove, Xunqueira de Ambía, Xunqueira de Espadanedo e Zas.

Uso da máscara

En xeral, para as persoas de seis ou máis anos será obrigatorio o uso da máscara en todo momento, tanto cando se estea na vía pública ou ao aire libre, como cando se estea en espazos pechados de uso público, aínda que se poida garantir a distancia de seguridade interpersoal de 1,5 metros.

Así mesmo, será obrigatorio o uso de máscara nos medios de transporte aéreo, marítimo, en autobús ou por ferrocarril, así como nos transportes públicos e privados complementarios de viaxeiros en vehículos de ata nove prazas, incluído o condutor.

Nos espazos de uso privado, abertos ou pechados, recoméndase o uso de máscara, no caso de reunións con persoas non conviventes, así como o mantemento da distancia de seguridade interpersoal e a aplicación de medidas de hixiene.

A obriga de uso de máscara non será exixible nos seguintes supostos:

·         Cando se trate de persoas que presenten algún tipo de enfermidade ou dificultade respiratoria que se poida ver agravada polo uso da máscara ou que, pola súa situación de discapacidade ou dependencia, non dispoñan de autonomía para quitar a máscara, ou ben presenten alteracións de conduta que fagan inviable a súa utilización.

·         Nos vehículos de turismo, cando todas as persoas ocupantes convivan no mesmo domicilio.

·         No mar, praias e piscinas, no exterior ou cubertas, lagos, embalses, ríos ou noutras zonas de baño, durante o baño, e mentres se permaneza nun espazo determinado, sen desprazarse, e sempre que se poida garantir o respecto da distancia de seguridade interpersoal entre todas as persoas usuarias non conviventes. Nos accesos, desprazamentos e paseos, así como para o uso de vestiarios de piscinas públicas ou comunitarias, salvo nas duchas, é obrigatorio o uso da máscara.

Entenderase por actividades incompatibles co uso da máscara as actividades de socorrismo ou rescate cando requiran acceder ao medio acuático.

·         Nos establecementos de hostalaría e restauración, por parte dos clientes do establecemento exclusivamente nos momentos estritamente necesarios para comer ou beber.

·         No interior dos cuartos de establecementos de aloxamento turístico e outros espazos similares, cando unicamente se atopen neles persoas que se aloxen no cuarto.

·         Nos buques e embarcacións de transporte de competencia autonómica, no interior dos camarotes, cando unicamente se atopen neles persoas que se aloxen no camarote.

·         No caso do exercicio de deporte individual en espazos ao aire libre, exclusivamente durante a realización da práctica deportiva, sempre que poida garantirse o mantemento da distancia de seguridade con outras persoas ou deportistas non conviventes. Non obstante, debera usarse a máscara na práctica do deporte nas vías públicas.

Na práctica de deporte no medio acuático, sexa este natural ou artificial.

·          En supostos de forza maior ou situación de necesidade ou cando, pola propia natureza das actividades, o uso da máscara resulte incompatible, conforme as indicacións das autoridades sanitarias.

·         No caso particular de consumo de tabaco ou de cigarros electrónicos, ou alimentos e bebidas, na vía pública ou en espazos ao aire libre, só se poderá exceptuar a obriga de uso de máscara, e exclusivamente durante o indicado consumo, sempre que a persoa o efectúe parada e fóra dos lugares habituais de circulación dos viandantes, de tal xeito que, tendo en conta a posible concorrencia de persoas e as dimensións do lugar, poida garantirse o mantemento, en todo momento, da distancia de dous metros con outras persoas.

Actividade deportiva non federada

Nos concellos establecidos no máximo nivel, a práctica da actividade física e deportiva non federada só poderá realizarse ao aire libre ou en instalacións deportivas ao aire libre, de forma individual ou con persoas conviventes, e coa utilización de máscara.

En canto aos concellos en nivel alto e nivel medio, a práctica da actividade física e deportiva non federada, ao aire libre, poderá realizarse de forma individual ou colectiva, sen contacto físico e coa utilización de máscara. No caso da práctica de forma colectiva, o máximo será de seis persoas de forma simultánea, sexan ou non conviventes, sen contar, de ser o caso, o monitor.

Nas instalacións e centros deportivos pechados poderase realizar actividade deportiva en grupos de ata catro persoas, sexan ou non conviventes, e sen contar o monitor, sen contacto físico, coa utilización de máscara e sempre que non se supere o 30% da capacidade máxima permitida. Deberanse establecer as medidas necesarias para procurar a distancia de seguridade interpersoal durante o desenvolvemento da actividade. Tamén se permite o uso deportivo das piscinas ao aire libre ou cubertas, cunha ocupación máxima do 30 %.

Nos concellos que se atopan no nivel medio-baixo, a práctica da actividade física e deportiva non federada, ao aire libre, poderá realizarse de forma individual ou colectiva, sen contacto físico e coa utilización de máscara. No caso da práctica de forma colectiva, o máximo será de seis persoas de forma simultánea, sexan ou non conviventes, sen contar, de ser o caso, o monitor.

Nas instalacións e centros deportivos pechados poderase realizar en grupos de ata catro persoas, sexan ou non conviventes, e sen contar o monitor, sen contacto físico, coa utilización de máscara e sempre que non se supere o 50% da capacidade máxima permitida. Deberanse establecer as medidas necesarias para procurar a distancia de seguridade interpersoal durante o desenvolvemento da actividade.

Tamén se permite o uso deportivo das piscinas ao aire libre ou cubertas, cunha ocupación máxima do 50 %.


Normativa

Presidencia da Xunta de Galicia

DECRETO 58/2021, do 9 de abril, polo que se modifica o Decreto 45/2021, do 17 de marzo, polo que se adoptan medidas no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia para facer fronte á crise sanitaria, na condición de autoridade competente delegada no marco do disposto polo Real decreto 926/2020, do 25 de outubro, polo que se declara o estado de alarma para conter a propagación de infeccións causadas polo SARS-CoV-2.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/excepcional/2021/20210409/2610/AnuncioC3B0-090421-1_gl.html

Consellería de Sanidade

ORDE do 9 de abril de 2021 pola que se modifican o anexo do Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 12 de xuño de 2020, sobre medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, unha vez superada a fase III do Plan para a transición cara a unha nova normalidade, e a Orde do 17 de marzo de 2021 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/excepcional/2021/20210409/2610/AnuncioC3K1-090421-2_gl.html

 

  • Cambios_120421