APE-Galicia - Servizos

Praza de España, 1 – 1º Esq. – Ofic. 1 | 36002 – PONTEVEDRA
Telf.: 986891657 | Fax: 986891657
Inicio » Listado de noticias » Os establecementos hostalei...

Registrohotel

OS ESTABLECEMENTOS HOSTALEIROS TEÑEN VINTE DÍAS PARA ACTUALIZAR OS SEUS REXISTROS DE VIAXEIROS

Hoxe saiu publicado no Boletín Oficial do Estado a Orde pola que se actualiza o modelo de libros de rexistro e o impreso de partes de entrada nos establecemento hostaleiros e análogos para que inclúan mecanismos e información de utilidade coas que implementar as medidas sanitarias xurdidas pola Covid-19.

Así, como medidas dirixidas a protexer o benestar, a saúde e a seguridade dos cidadáns e a contención da progresión do coronavirus, recóllese a actualización do modelo de partes de entrada e a posibilidade de firmalos en soporte dixital o que os libros de rexistro sexan conservados nese formato.

Os propios establecemento terán que xerar os partes de entrada, que terán que ser actualizados obrigatoriamente dentro de 20 días, podendo cumpliméntalos eles mesmos por procedementos manuais o informáticos, pero sendo o viaxeiro o que o deba asinar de maneira inexcusable tanto en papel como nun soporte dixital, formando parte do libro de rexistro que estará a disposición dos membros das Forzas e Corpos de Seguridade con competencia na materia sempre que sexan requeridos.

Os establecimientos deberán conservar os libros de rexistro durante o prazo de tres años, a contar dende a data da derradeira folla de rexistro ou dende a data de grabación da información cando se atope por medios dixitais.


NORMATIVA

MINISTERIO DEL INTERIOR

Hostelería. Libros-registro

Orden INT/321/2021, de 31 de marzo, por la que se modifica la Orden INT/1922/2003, de 3 de julio, sobre libros-registro y partes de entrada de viajeros en establecimientos de hostelería y otros análogos, en cuanto a las obligaciones de registro documental.

https://www.boe.es/boe/dias/2021/04/08/pdfs/BOE-A-2021-5483.pdf

  • Registrohotel
  • Anexo_rexistro_hostaleiro