APE-Galicia - Servizos

Praza de España, 1 – 1º Esq. – Ofic. 1 | 36002 – PONTEVEDRA
Telf.: 986891657 | Fax: 986891657
Inicio » Listado de noticias » Entrevista a david martÍnez...

070421_foto_entrevista_david

ENTREVISTA A DAVID MARTÍNEZ, VICEPRESIDENTE DE APE GALICIA EN ‘NEGOCIOS DE CARNE Y HUESO’ DE CAPITAL RADIO

Este mediodía o vicepresidente de APE Galicia, David Martínez, interveu no programa de Capital Radio ‘En negocios de carne y hueso’ con Mariló Sánchez-Fuentes, para falar sobre o efecto negativo en pemes e persoas traballadoras autónomas dos peches perimetrais como medida santiaria de conteción de contaxios pola Covid-19.

Ao respecto, o tamén presidente da Asociación Empresarial de Profesionais e Autónomos de Ourense indicou que a redución de horarios e de fluxo de xente que leva consigo os peches perimetrais supón unha importante baixada nos ingresos, o que pode provocar o fin da actividade dunhas 300.000 persoas traballadoras autónomas.

Estas persoas necesitan de apoios e doutras vías de emprendemento xa que nun prazo medio corto, é imposible que o mercado laboral actual, con 4 millóns de parados e 900.000 persoas en ERTE, poida absobelas.

Por iso, e tendo e conta que o peor da crise económica xurdida pola pandemia está por chegar, David Martínez reclamou un plan estratéxico urxente, tanto a nivel autonómico como nacional, que configuren as saídas inmediatas para a economía do país, na que as pemes son uns dos pilares fundamentais.

Segundo Martínez, este plan non só debe contar con axudas directas aos sectores máis perxudicados senon que, ademáis, é primordial para a recuperación económica medidas que incentiven o consumo e que den seguridade ante a incertidumbre e o medo da poboación que volveuse máis conservadora no actual escenario, polo que non da saída aos cartos aforrados.

O representante de APE Galicia valorou positivamente a xestión en concreto da Xunta de Galicia no seu apoio ao sector dentro das súas posibilidades, e destacou o bo entendimento da asociación coa Administración Autonómica, a cal soe ter en conta as súas suxerencias e aportacións para beneficiar ao maior número de perxudicados, aínda que sempre se pode facer máis e para iso están a traballar.

Mariló Sánchez-Fuentes, presentadora do programa de Capital Radio, invitou tamén ao vicepresidente da asociación a participar nun faladoiro co presidente do Club dos Emprendedores, Efrén Miranda, e o CEO do Campus 360, Miguel Moneo, sobre as señais de alarma que deben ter en conta unha pequena e mediana empresa.

A xestión non profesionalizada e a falta de formación, dixitalización e asesoramento externo son factores determinantes para o fracaso dunha peme que terá como un primeiro indicio o afogo no pago de tributos trimestrais xa que é un síntoma de que a tesorería estase levando mal, tal e como revelou David Martínez, como experto en estructuras empresariais.

  • 070421_foto_entrevista_david