APE-Galicia - Servizos

Praza de España, 1 – 1º Esq. – Ofic. 1 | 36002 – PONTEVEDRA
Telf.: 986891657 | Fax: 986891657
Inicio » Listado de noticias » O prÓximo venres 9 de abril...

Cambios090421

O PRÓXIMO VENRES 9 DE ABRIL HABERÁ CAMBIOS DE CONCELLOS NOS NIVEIS DE RESTRICIÓNS

O Comité Clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia provocada pola covid-19, acordou establecer nos diferentes niveis de restricións aos seguintes concellos, a partir do próximo venres 9 de abril ás 00 horas.

Así, os concellos de A Pobra do Caramiñal e O Grove pasan ao nivel máximo de restricións e ao nivel alto A Pobra do Brollón, Rábade, O Irixo, Monterrei, A Illa e Carral.

Quedarán no nivel medio de restricións os municipios de Beade, Cortegada, Padrenda, O Carballiño, Boimorto, Sanxenxo, Meis, Cangas, Gondomar, Moaña e Baiona e o resto no nivel medio baixo.

As medidas seguirán sendo as vixentes á espera de que a próxima semana poidan haber modificacións segundo sexa a evolución epidemiolóxica trala Semana Santa.
  • Cambios090421