APE-Galicia - Servizos

Praza de España, 1 – 1º Esq. – Ofic. 1 | 36002 – PONTEVEDRA
Telf.: 986891657 | Fax: 986891657
Inicio » Listado de noticias » ReuniÓn da mesa de emprego ...

Mesa_autonomo_iii_plan

REUNIÓN DA MESA DE EMPREGO AUTÓNOMO PARA COÑECER AS BASES DE TRABALLO DO TERCEIRO PLAN DE RESCATE DA XUNTA DE GALICIA

A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, convocou hoxe pola tarde unha nova reunión da Mesa de Emprego Autónomo á que asistiron o presidente de APE Galicia, José Ramón Caldas e a secretaria técnica executiva, Sonia Acuña Pazos, para presentar as bases do III Plan de Rescate da Xunta de Galicia dirixido a persoas traballadoras autónomas e empresas.

Tamén estiveron presentes a directora Xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, Covadonga Toca Carús; e os representantes de ATA Galicia, Álvaro Viqueira e Rafael Granados, e de Agtamar UPTA, Eduardo Abad, que tamén forman parte da Mesa do Emprego Autónomo xunto con APE Galicia.

Neste terceiro Plan de Rescate, o obxectivo é o de protexer o tecido produtivo e apoiar o mantemento da actividade económica e o emprego mediante a solvencia e a redución do endebedamento.

Nesta xuntanza, a directora xeral de Emprego presentou as liñas de actuación deste plan para poder traballar sobre elas e continuar apoiando a estes sectores tan importantes para a recuperación da economía galega, sobre todo tendo en conta que a súa situación segue sendo crítica pola crise sanitaria do Covid-19.

En próximas reunións de traballo, coa colaboración e aportacións de todos os axentes implicados, desenvolveránse as estratexias que marcarán este novo Programa de Rescate co que se pretenderá protexer ao sector e ao emprego.

  • Mesa_autonomo_iii_plan