APE-Galicia - Servizos

Praza de España, 1 – 1º Esq. – Ofic. 1 | 36002 – PONTEVEDRA
Telf.: 986891657 | Fax: 986891657
Inicio » Listado de noticias » Aprobado o plan de rescate ...

120321planrescategoberno

APROBADO O PLAN DE RESCATE DO GOBERNO CENTRAL DOTADO CON 11.OOO MILLÓNS DE EUROS

O Consello de Ministros extraordinario celebrado hoxe aprobou de xeito definitivo o Plan de Rescate aos sectores máis perxudicados pola crise do Covid-19, tal e como anunciara o presidente do Goberno, Pedro Sánchez, fai unhas semanas.

Segundo confirmou a vicepresidenta terceira e ministra de Asuntos Económicos e Transformación Dixital, Nadia Calviño, na rolda de prensa posterior ao Consello de Ministros extraordinario xunto coa a ministra de Facenda e portavoz do Goberno, María Jesús Montero, dos 11.000 millóns de euros dos que está dotado estes fondos, destinaranse 7.000 millóns de euros a axudas directas a pemes e persoas traballadoras autónomas para que poidan cubrir os seus gastos fixos e débedas a provedores, sempre que se xustifique unha caída da facturación do 30% durante a pandemia.

O Goberno central transferirá a xestión dos fondos ás Comunidades Autónomas aínda que a Axencia Tributaria se encargará de vixiar que a concesión chegue a empresas o persoas que realmente o necesiten e poidan facer bo uso deles.

Dos 4.000 millóns de euros restantes, o Plan de Rescate inclúe unha partida de 3.000 millóns de euros para a reestructuración dos créditos avalados por el Instituto de Crédito Oficial (ICO), cuxa xestión recaerá sobre os bancos xa que son os que coñecen ao detalle estos créditos, e os 1.000 millóns que faltan, destinaranse a recapitalizacións de empresas medianas.

  • 120321planrescategoberno