APE-Galicia - Servizos

Praza de España, 1 – 1º Esq. – Ofic. 1 | 36002 – PONTEVEDRA
Telf.: 986891657 | Fax: 986891657
Inicio » Listado de noticias » Nova ediciÓn do programa re...

Responsabilizate

NOVA EDICIÓN DO PROGRAMA RESPONSABILÍZATE DA XUNTA DE GALICIA NA QUE SE FOMENTARÁ A IMPLANTACIÓN DE MEDIDAS DE IGUALDADE

O programa Responsabilízate da Xunta de Galicia contará cunha nova edición este ano que, ademáis de ofrecer asesoramento gratuito e personalizado ás pequenas e medianas empresas galega sobre Responsabilidade Social Empresarial, a Consellería de Emprego e Igualdade, a través da Dirección Xeral de Relacións Laborais, incluirá tamén asesoramento para a aplicación de medidas de fomento da igualdade de oportunidades e impulso ao talento feminino.

Así, por unha banda, Responsabilízate ofrecerá ao tecido empresarial galego un servizo de titorización para a diagnose, formación e posta en marcha de plans no ámbito da Responbalidade Social Empresarial, que aposte por unha xestión rendible de forma éticas para xerar unha maior productividade, lealtade do cliente, acceso a mercados e credibilidade e da igualdade.

O Goberno galego conta cunha estratexia propia de Responsabilidade Social Empresarial que ten como obxectivo mellorar a súa xestión ao longo dos dous próximos anos, impulsando novas actuacións como programas de titorización e formación ou a creación dun centro virtual de coñecemento a través do cal se poña a disposición das empresas unha contorna de teleformación.

Ademáis da ferramenta gratuita de autodiagnose que xa está activa e permite avaliar as actuacións en materia socio-laboral, ambiental e económica, crearanse, así mesmo, oficinas de asesoramento en materia de Responsabilidade Social Empresarial nas catro provincias galegas a través das cales se desenvolverán actividades de divulgación como charlas, obradoiros telemáticos, encontros con expertos, asesoramento personalizado e actuacións de dinamización con sectores e asociacións.

En canto ao fomento da igualdade, a Xunta de galicia apoia ás entidades locais galegas na promoción da igualdade con 1,5 millóns de euros este ano. Este programa permitiu en 2020 o desenvolvemento de 250 actividades de conciliación. En 2021, tamén convocaranse as axudas para impulsar a igualdade laboral, a conciliación e a responsabilidade social empresarial con 1,6 millóns, a través de incentivos para o fomento de teletraballo e a flexibilidade horaria e financiamento para a adquisición de equipos informáticos para garantir o dereito á conciliación. 

  • Responsabilizate