APE-Galicia - Servizos

Praza de España, 1 – 1º Esq. – Ofic. 1 | 36002 – PONTEVEDRA
Telf.: 986891657 | Fax: 986891657
Inicio » Listado de noticias » Ape galicia celebra a webin...

Segundo_plan_de_rescate_destinado_as_persoas_traballadoras_autonomas_e_microempresas_definitivo_1

APE GALICIA CELEBRA A WEBINAR "II PLAN DE RESCATE DESTINADO A PERSOAS TRABALLADORAS AUTÓNOMAS E MICROEMPRESAS" COA INTERVENCIÓN DO SUBDIRECTOR XERAL DE EMPREGO

O próximo luns 22 de febreiro, ás 12 horas, a través da plataforma para videoconferencias Zoom, APE Galicia celebrará un webinar específico para informar sobre o segundo Plan de Rescate da Xunta de Galicia, que contará coa intervención de D. Juan Lirón Lago, subdirector xeral de Emprego da Xunta de Galicia.  

Ao longo dunha hora de duración, Lirón Lago presentará e resolverá todas as cuestións relativas en canto a presentación e tramitación das solicitudes desta segunda fase de axudas tanto a persoas traballadoras autónomas e microempresas coma as da hostalaría e outras actividades, que proximamente saíran publicadas no Diario Oficial de Galicia.

Para poder asistir, deberá rexistrarse pulsando na seguinte ligazón https://apegalicia.gal/ii-plan-rescate-xunta-de-galicia/ e, unha vez rexistrado, chegaralle un correo electrónico automático confirmando a inscrición, facilitándoselle a ligazón de acceso ao webinar.

Esta seminario ten límite de participación de 100 persoas. Chegado a este límite o sistema non permitirá a participación.

Se vostede ten algún problema para realizar a súa conexión poderá dirixirse por correo electrónico ao enderezo: info@apegalicia.es

  • Segundo_plan_de_rescate_destinado_as_persoas_traballadoras_autonomas_e_microempresas_definitivo_1
  • Segundo_plan_de_rescate_destinado_as_persoas_traballadoras_autonomas_e_microempresas_definitivo_2