APE-Galicia - Servizos

Praza de España, 1 – 1º Esq. – Ofic. 1 | 36002 – PONTEVEDRA
Telf.: 986891657 | Fax: 986891657
Inicio » Listado de noticias » Ape galicia asiste ao semin...

Seminarioxunta

APE Galicia asiste ao seminario celebrado pola Xunta de Galicia para analizar o II Plan de Rescate para Persoas Traballadoras Autónomas e Micropemes

No día de onte, a Xunta de Galicia convidounos a asistir a un seminario para tratar sobre as novas ordes do II PLAN DE RESCATE para PERSOAS TRABALLADORAS AUTÓNOMAS e MICROPEMES. 
Nesta segunda fase do plan, destácanse os seguintes puntos: 
 
- Non é necesario cesamento de actividade, nin ter autorizado un  erte. o  unico requisito é ter unha baixada de facturación anos 19-20 
- Poderán ser beneficiarios destas subvencións, aínda que existan débedas tributarias que non poden superar o 80% de axúda. 
- Axilidade na xustificación 
O presuposto de ambas axudas ascende a 30.000.000 EUROS 
 
Documentación complementaria: 
Estimación directa: 
– Modelo 390 de los años 2019 y 2020. 
– Modelo 303 de los años 2019 y 2020. 
– Modelo 130 IV trimestre de los años 2019 y 2020. 
Módulos:  
LIBRO DE COMPRAS,  FRA. S RECIBIDAS, LIBRO DE CAIXA, EXTRACTO DE TPV ou CAIXA REXISTRADORA, Ou CALQUERA DOCUMENTACIÓN QUE XUSTIFIQUE A BAIXADA DE FACTURACIÓN 
 
OUTROS DATOS DE INTERÉS 
Se a documentación xustificativa é a mesma que se achegou para a solicitude do 1 er. plan de rescate, a Xunta de Galicia procederá a traspasar a devandita documentación a este novo expediente, polo que non será necesario achegala de novo. 
En caso de existir aprazamentos coa  S.S. ou a AEAT, é aconsellable que se achegue un certificado de estar ao corrente de pago actualizado. 
Na solicitude, débese indicar se se recibiu a primeira axuda, aínda que isto non terá efectos á hora de outorgar esta nova axuda. 

  • Seminarioxunta