APE-Galicia - Servizos

Praza de España, 1 – 1º Esq. – Ofic. 1 | 36002 – PONTEVEDRA
Telf.: 986891657 | Fax: 986891657
Inicio » Listado de noticias » Medidas de prevenciÓn espec...

Medidas_de_prevencion_especificas_covid_19_en_galicia

MEDIDAS DE PREVENCIÓN ESPECÍFICAS COVID-19 EN GALICIA

Medidas de prevención específicas COVID-19 en Galicia

Entrada en vigor ás 00:00 do 17/02/2021

A eficacia das medidas neste decreto comezarán ás 00:00 horas do día 17 de febreiro e finalizarán ás 00:00 do día 3 de marzo.


LIMITACIÓN DA LIBERDADE DE CIRCULACIÓN DAS PERSOAS EN HORARIO NOCTURNO

Real Decreto 956/2020, de 3 de noviembre, por el que se prorroga el estado de alarma declarado por el Real Decreto 926/2020, de 25 de octubre, por el que se declara el estado de alarma para contener la propagación de infecciones causadas por el SARS-CoV-2.

  • Durante o periodo comprendido entre as 22:00 e as 6:00 horas, as persoas unicamente poderán circular polas vías ou espazos de uso público para a realización de, entre outras, as seguintes actividades:
1.      Adquisición de medicamentos, produtos sanitarios e outros bens de primeira necesidade.
2.      Asistencia a centros, servizos e establecementos sanitarios.
3.      Asistencia a centros de atención veterinaria por motivos de urxencia.
4.      Cumprimento de obrigas laborais, profesionais, empresariais, institucionais ou legais.
5.      Retorno ao lugar de residencia habitual tras realizar algunhas das actividades previstas neste apartado.
6.      Asistencia e coidado a maiores, menores, dependentes, persoas con discapacidade ou persoas especialmente vulnerables.
7.      Por causa de forza maior ou situación de necesidade.
8.      Calquera outra actividade de análoga natureza, debidamente acreditada.
9.      Reposición en gasolineiras ou estacións de servizo, cando resulte necesario para a realización das actividades previstas nos parágrafos anteriores.    
 

LIMITACIÓN DA PERMANENCIA DE GRUPOS EN ESPAZOS PÚBLICOS OU PRIVADOS

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/excepcional/2021/20210126/2549/AnuncioC3B0-260121-1_gl.pdf

  • Limitar os grupos para o desenvolvemento de calquera actividade ou evento de carácter familiar ou social na vía pública, espazos de uso público ou espazos privados, aos constituídos exclusivamente por persoas conviventes.
  • As excepcións contémplanse no punto 4 do Apartado Primeiro do Decreto 8/2021 do martes 26 de xaneiro.
  • Non será aplicable esta limitación no caso de actividades laborais, empresariais, profesionais e administrativas, actividades en centros universitarios, educativos, de formación e ocupacionais, sempre que se adopten as medidas previstas nos correspondentes protocolos de funcionamento.

 

LIMITACIÓN DA ENTRADA E SAÍDA DAS PERSOAS DO ÁMBITO TERRITORIAL DOS CONCELLOS

 

VIDA SOCIAL E COMUNITARIA

  • Celebracións con motivo de cerimonias relixiosas ou civis:  só persoas conviventes
  • Lugares de culto: 1/3  da súa capacidade máxima permitida.
  • Velorios: 5 persoas  por túmulo agas conviventes  e 15 en espazos abertos.
  • Enterramento ou despedida para a cremación: 15 persoas non conviventes.
  • Non se poderán realizar actuacións de coros ou agrupacions vocais de canto.
  • Bibliotecas e arquivos: 30% da súa capacidade máxima permitida.
  • Museos, salas de exposición, monumentos e outros equipamentos culturais: 30% da súa capacidade máxima permitida.
  • Cines, teatros, auditorios, congresos: 30% da súa capacidade máxima permitida. Límite de 250 persoas en locais pechados e 500 persoas en locais ao aire libre. O público deberá permanecer sentado.

 

ESTABLECEMENTOS DE HOSTALARÍA E RESTAURACIÓN

  • PECHE DAS ACTIVIDADES SALVO PARA PROFESIONAIS DO TRANSPORTE EN ÁREAS DE SERVIZO.​
  • PERMITÉSE A ENTREGA A DOMICILIO ATA AS 24:00 HORAS
  • PERMITESE RECOLLIDA NO LOCAL PARA CONSUMO NO DOMICILIO

 

ESTABLECEMENTOS DE ALOXAMENTO TURISTICO E ALBERGUES

  • Zonas comúns dos hoteis e aloxamentos turísticos: 50% da súa  capacidade. 
  • Peche temporal dos albergues turísticos.

 

ESTABLECEMENTOS E LOCAIS COMERCIAIS QUE NON FORMEN PARTE DE CENTROS OU PARQUES COMERCIAIS

  • Establecemento retallista: Límite do aforo 50% de capacidade, independentemente da súa superficie. Peche as 21:30 horas, salvo que teñan fixado, de acordo coa normativa vixente, un horario inferior.
  • Actividades de servicios profesionais abertos ao público: Límite do aforo 50% de capacidade, independentemente da súa superficie. Peche as 21:30 horas, salvo que teñan fixado, de acordo coa normativa vixente, un horario inferior.

 

ESTABLECEMENTOS QUE TEÑAN A CONDICIÓN DE CENTROS E PARQUES COMERCIAIS, OU QUE FORMEN PARTES DELES E GRANDES SUPERFICIES

  • Os centros, parques comerciais e grandes superficies (de mais de 2500 metros cadrados) deberán pechar os sábados, domingos e festivos.
  • No caso de establecementos ou locais distribuidos en varios andares: Límite do aforo 30% de capacidade total en cada un deles.
  • A capacidade das zonas comúns dos centros e parques comerciais queda limitada ao 30 %
  • Establecemento retallista: Límite do aforo 30% de capacidade total. Peche as 21:30 horas, salvo que teñan fixado, de acordo coa normativa vixente, un horario inferior coas excepcións indicadas na lexislación vixente (apartado 3.6.3 do Anexo I da Orde do 26 de xaneiro de 2021).
  • Establecemento de actividades de servicios profesionais abertos ao público: Límite do aforo 30% de capacidade total. Peche as 21:30 horas, salvo que teñan fixado, de acordo coa normativa vixente, un horario inferior.
  • Non se permitirá a permanencia de clientes nas zonas comúns, excepto para o tránsito entre os establecementos.
  • Zonas infantís, ludotecas ou áreas de descanso deben permanecer pechadas.
  • Mercados ao aire libre: 50 % dos postos habituais ou autorizados.

 

ACTIVIDADE DEPORTIVA

      Non federada:

  • Ao aire libre ou en instalacións deportivas ao aire libre, de forma individual ou con persoas conviventes e coa utilización de máscara.

       Federada:

 

      • Adestramentos e competicións non suxeitas a limitacións de entrada/saída de concellos.

 

ACADEMIAS, AUTOESCOLAS E CENTROS PRIVADOS DE ENSINO NON REGRADO E CENTROS DE FORMACIÓN

  • A actividade que se realice nestes centros poderá impartirse dun modo presencial sempre que non se supere unha capacidade do 50% cun máximo de 25 persoas respecto do máximo permitido.

 

FESTAS, VERBENAS, OUTROS EVENTOS POPULARES E ATRACCIÓNS DE FEIRAS

  • Peche das actividades.                       

 

CENTROS SOCIAIS, SOCIOCUMUNITARIOS E CLUBS DE XUBILADOS

      • Peche das actividades.

 

ACTIVIDADE LECTIVA PRESENCIAL PERMITIDA A PARTIR DAS 00:00 HORAS DO 22 DE FEBREIRO

  • Escolas oficiais de idiomas.
  • Escolas de arte e superior de deseño.
  • Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais.
  • Escola Superior de Arte Dramática.
  • Conservatorios de música.
  • Conservatorios de danza.
  • Escolas de música.
  • Escolas de danza.
  • Centros autorizados de deportes, centros autorizados de futbol; centros autorizados de futbol sala
  • Centros autorizados de artes plásticas e deseño.
  • Centros autorizados de música e centros autorizados de danza, salvo que estean integrados en centros docentes que permanezan abertos e que limiten a súa actividade o alumnado dos ditos centros docentes.
  • Escolas de música privadas e escolas de danza privadas.

* As actividades presenciais que impliquen instrumentos e/ou exercicios de canto mantéñense suspendidas.

 

ACTIVIDADES  NON ESENCIAIS QUE PECHAN TEMPORALMENTE

I. Espectáculos públicos:
    I.3. Espectáculos taurinos.
    I.4. Espectáculos circenses.
    I.5. Espectáculos deportivos.
    I.6. Espectáculos feirais e de exhibición.
    I.7. Espectáculos pirotécnicos.

II. Actividades recreativas:
    II.2. Actividades deportivas.​
    II.3. Actividades de lecer e entretemento.
    II.4. Atraccións recreativas.
    II.7. Actividades de restauración.
    II.8. Actividades zoolóxicas, botánicas e xeolóxicas.

III. Establecementos para o público:
    III.1. Establecementos de espectáculos públicos:
        III.1.4. Circos.
        III.1.5. Prazas de touros.
        III.1.6. Establecementos de espectáculos deportivos
        III.1.7. Recintos feirais.
    III.2. Establecementos de actividades recreativas:
        III.2.1. Establecementos de xogo.
        III.2.1.1. Casinos.
        III.2.1.2. Salas de bingo.
        III.2.1.3. Salóns de xogo.
        III.2.1.4. Tendas de apostas.
    III.2.2. Establecementos para actividades deportivas
        III.2.2.1. Estadios deportivos.
        III.2.2.2. Pavillóns deportivos.
        III.2.2.3. Recintos deportivos.
        III.2.2.4. Pistas de patinaxe.
        III.2.2.5. Ximnasios.
        III.2.2.6. Piscinas de competición.
        III.2.2.7. Piscinas recreativos de uso colectivo.     
    III.2.3. Establecementos para atraccións e xogos recreativos:
        III.2.3.1. Parques de atraccións e temáticos.
        III.2.3.2. Parques acuáticos.
        III.2.3.3. Salóns recreativos.
        III.2.3.4. Parques multiocio.
    III.2.5. Establecementos de restauración.
        III.2.5.1. Restaurantes.​
         III.2.5.1.1. Salóns de banquetes.
       III.2.5.2. Cafeterías.
       III.2.5.3. Bares.​
    III.2.6. Establecementos para actividades zoolóxicas, botánicas e xeolóxicas.
    III.2.7. Establecementos de ocio e entretemento.
        III.2.7.1. Salas de festas.
        III.2.7.2. Discotecas.
        III.2.7.3. Pubs.
        III.2.7.4. Cafés-espectáculo.
        III.2.7.5. Furanchos.
        III.2.8. Centros de lecer infantil.​


 






  • Medidas_de_prevencion_especificas_covid_19_en_galicia