ENTREVISTA Á SECRETARIA TÉCNICA EXECUTIVA DE APE GALICIA, SONIA ACUÑA, EN ESRADIO GALICIA
Así, Sonia Acuña, falou sobre APE Galicia, unha asociación de autónomos e pequenas empresas cen por cento galega con 65.000 autónomos agrupados ao redor de cen asociacións asociadas, e que está presente na Mesa do Emprego Autónomo xunto a ATA Galicia e Agtamar e presidida pola Consellería de Emprego e Igualdade, onde estiveron diseñando o Segundo Plan de Rescate a autónomos, microempresas e hostalería da Xunta de Galicia.
Sobre este plan, a secretaria técnica quixo destacar a necesidade de que os beneficiarios reciban as axudas canto antes xa que as necesitan con urxencia neste difícil momento, polo que a facilidade e axilidade na tramitación e o pago es primordial.
Neste sentido, lembrou Acuña, a Xunta xa ven coa experiencia do primeiro plan e demostrou que foi excelente nestes aspectos, por iso, lamentou a actitude tanto de deputacións como dos concellos que perderon a oportunidade de apoiar ao sector colaborando neste segundo plan por non estar de acordo en que a Administración Autonómica xestionara os fondos.
A pesar de que actualmente os problemas derivados pola pandemia centran a maior parte da actividade da asociación, a representante de APE Galicia comentou tamén outras tarefas que levan a cabo como a formación, a información, as charlas... todo dirixido a apoiar e axudar tanto as persoas traballadoras autónomas e pequenas empresas de Galicia.
Ao respecto da formación, o director de esRadio Galicia quixo saber cal era a necesidade máis destacable entre os autónomos ao que a secretaria técnica executiva non dubidou en responder que a súa dixitalización, o que quedou máis que de manifesto na nova realidade, e que unha das apostas tanto da asociación como da Xunta de Galicia para este ano 2021.
Escoita o audio da entrevista: https://esradio.libertaddigital.com/fonoteca/2021-02-04/entrevista-a-sonia-acuna-6705426.html?fbclid=IwAR0lA7F1kcomURJrACGf3gy9gZ5thtwJWdRhM-2b1rVwbAKM28LBuNIaxIM