APE-Galicia - Servizos

Praza de España, 1 – 1º Esq. – Ofic. 1 | 36002 – PONTEVEDRA
Telf.: 986891657 | Fax: 986891657
Inicio » Listado de noticias » ReuniÓn da mesa de emprego ...

200121mesa

REUNIÓN DA MESA DE EMPREGO AUTÓNOMO PARA PREPARAR A ESTRATEXIA PARA ESTE ANO 2021

Esta mañá celebrouse a través de videoconferencia unha nova reunión da Mesa de Emprego Autónomo convocada e presidida pola conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, na que participou a secretaria Técnica Executiva de APE Galicia, Sonia Acuña Pazos, en representación do presidente da asociación, José Ramón Caldas Martínez.

Tamén estiveron presentes a directora Xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, Covadonga Toca Carús; a directora xeral de formación e colocación, Zeltia Lado Lago; o director xeral do IGAPE, Fernando Guldrís Iglesias; o director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia; a directora Xeral de Turismo, María Nava Castro; a xerente do ISSGA, Adela Quinzá-Torroja e a secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abellá; por parte da Xunta de Galicia.

Como representación das persoas traballadoras autónomas asistiron, ademáis de APE Galicia, o secretarios da Asociación Agtamar e de ATA Galicia.

Nesta xuntanza puxéronse as bases para traballar nas liñas de actuación de apoio tanto ao sector das persoas traballadoras autónomas, como a pemes e micropemes e o comercio e hostalería, sobre todo tendo en conta a actual situación crítica xurdida pola crise sanitaria do Covid-19, que tanto está a afectar a estes sectores fundamentais para a economía de Galicia.

En próximas reunións de traballo, coa colaboración e aportacións de todos os axentes implicados, desenvolveránse as estratexias que marcarán este ano cunha serie de propostas e medidas como execución dun segundo Programa de Rescate ou axudas para a adaptación do sector aos necesidades actuales, co que se pretenderá protexer ao sector e ao emprego, potenciando un consumo de confianza.

  • 200121mesa