APE-Galicia - Servizos

Praza de España, 1 – 1º Esq. – Ofic. 1 | 36002 – PONTEVEDRA
Telf.: 986891657 | Fax: 986891657
Inicio » Listado de noticias » Case a metade da poboaciÓn ...

130121_feijoo

CASE A METADE DA POBOACIÓN GALEGA AFECTADA POLO NIVEL MÁXIMO DE RESTRICIÓNS POLO COVID-19

O presidente da Xunta de Galicia compareceu hoxe en rolda de prensa para anunciar as novas medidas restritivas acordadas onte polo comité clínico que asesora a Consellería de Sanidade sobre o coronavirus e que entrarán en vigor a partir do próximo venres 15 de xaneiro.

Tal e como asegurou Alberto Núñez Feijóo, Galicia atópase “nun momento moi preocupante” tralas celebracións navideñas sobre todo pola progresión de número de contaxios, que hoxe bateu o récord diario dende o inicio da pandemia con máis de mil infectados, polo que é preciso tomar medidas que terán efectos moi duros nalgúns sectores económicos e nas familias.

Así, o territorio galego manterá o seu peche perimetral e a metade da súa poboación quedará baixo o máximo nivel de restricións, quedando a outra metade nun nivel medio-alto. A recomendación xeral e que se faga únicamente o esencial: actividades sanitarias, cuidado de dependentes e compras esenciais, así como laboráis, recuperando no posible o teletraballo.

 

En canto as novas medidas que afectan a toda a Comunidade Galega, o toque de queda adelántase as 22:00 horas e o peche dos comercios ás 21:30 horas. As reunións públicas e privadas quedan limitadas a catro persoas non convivintes e só unha persoa por paciente poderá facer visitas ao hospital, salvo excepcións. Ademáis, só haberá dous niveis de restricións: o máximo e o medio alto.


NIVEL MÁXIMO

O nivel máximo afectará a partir do próximo venres aos seguintes 60 concellos, que terán peche perimetral por separado:

Provincia de A Coruña

A Coruña, Arteixo, Cambre, Culleredo, Oleiros, Carballo, Santiago de Compostela, Ames, Ribeira, Boiro, Rianxo, Noia, Ferrol, Narón, Fene, Cee, Camariñas, Cerceda, Laxe, Vimianzo, Cabanas, Pontedeume, Ortigueira, Outes, Porto do Son, A Pobra do Caramiñal, Melide, Oroso, Trazo y Val do Dubra.

Provincia de Lugo

Vilalba, Viveiro e Xove

Provincia de Ourense

Ourense, Barbadás, Carballiño, Verín, Allariz, Monterrei y Xinzo de Limia.

Provincia de Pontevedra

A Estrada, Poio, Bueu, Moaña, Baiona, Ponteareas, Redondela, A Guarda, Tomiño, Tui, Vilagarcía, Vilanova, A Illa de Arousa, Valga, Pontecesures, Caldas de Reis, Oia, Cuntis, O Rosal y Salvaterra do Miño.

En canto as medidas extraordinarias neste nivel, é preciso destacar:

·         A movilidade limitarase a cada un destes concellos, o que supón que quedan illados individualmente e, polo tanto, se eliminan as almendras o agrupacións de municipios.

·         A hostalería non terá servizo de interior e no exterior poderán atender ata as 18:00 horas. Tamén poderán ofrecer servizo a domicilio.

·         O aforo a centros comerciais e do 30%, prohibindo permanecer nas zonas comúns que só servirán para o tránsito de persoas.

·         Peche dos establecementos de xogo.

 

NIVEL MEDIO -  ALTO

O resto da comunidade autónoma permanecerá no nivel medio-alto de restricións, sen peche perimetral, excepto as ciudades de Lugo, Vigo e Pontevedra que quedarán restrinxida a súa movilidade só ao concello, salvo en casos xustificados de asistencia, laboral e académico. Se vixiará especialmente a evolución das ciudades de Vigo e Pontevedra por se nos próximos días pasan ao máximo nivel.

A hostalería pechará as 18:00 horas e terá permitido o 30% do aforo interior e o 50% para as terrazas.

 

HOSTALERÍA

O presidente da Xunta de Galicia quixo deixar constancia de que o seu Goberno é consciente do esforzo que as persoas traballadoras autónomas, sobre todo do sector da hostalería, están a afrontar por esta situación “inxusta” xa que como el mesmo recoñeceu “non hai máis contaxios nos bares que nas reunións familiares”.

Sen embargo, segundo aclaraou Núñez Feijóo, non se pode facer un control das reunións familiares, só un chamamento a responsabilidade de cada un, pero si se poden tomar estas decisións sanitarias con respecto a hostalería, polo que o seu goberno está a manter reunións con axentes do sector para deseñar un paquete de axudas específicas e inmediatas.   

 

  • 130121_feijoo