APE-Galicia - Servizos

Praza de España, 1 – 1º Esq. – Ofic. 1 | 36002 – PONTEVEDRA
Telf.: 986891657 | Fax: 986891657
Inicio » Listado de noticias » Novidades nos orzamentos xe...

Irpf

NOVIDADES NOS ORZAMENTOS XERAIS DO ESTADO PARA O EXERCICIO 2021 EN CANTO AO IRPF

Os Orzamentos Xenerais do Estado para o 2021, publicados na Lei 11/2020, de 30 de decembro, que entraron en vigor dende o 1 de xaneiro deste ano, introducen moitas novidades tributarias importantes debido á falta de aprobación dos orzamentos no exercicio anterior.

En canto ao Imposto sobre a Renta das Persoas Físicas (IRPF), estas modificacións afectan aos seguintes puntos:

 

-          Novo tipo de gravame do 24,5% na escala xeral do Imposto cando a base liquidable sexa superior a 300.000 euros, o que supón unha modificación paralela na escala de retencións e ingresos a conta aplicable dos receptores de rentas por traballo.

-          Novo tipo de gravame do 13% no tipo de gravamen do aforro aplicable cando a base sexa superior a 200.000 euros, tanto a nivel estatal como autonómico.

-          Incremento do 45% ao 47% o tipo aplicable no réxime fiscal especial dos traballadores desprazados ao territorio español cando a base liquidable es superior a 600.000 euros e inclúese un novo tramo a partir de 200.000 euros gravado ao 26% para os rendimentos procedentes de dividendos, intereses e ganancias patrimoniais derivadas de transmisións.

-          O límite de reducción máxima aplicable á base imponible polas aportacións e contribucións realizadas a plans de pensións, mutualidades de previsión social, plans de previsión asegurados, plans de previsión social empresarial ou por primas sastifeitas a seguros privados pasan dos 8.000 aos 2.000 euros, aínda que este límite aumentará en 8.000 euros adicionais se o incremento provén de contribucións empresariais. Tamén se reduce a 1.000 euros anuais o límite da reducción adicional polas aportacións realizadas aos sistemas de previsión social en favor do cónxuxe que non obteña redimentos netos do traballo ni actividades económicas en contía igual ou superior a 8.000 euros anuais.

-          Prorroga dos límites exluintes do método de estimación obxetiva, tamén chamado de módulos, polo que tamén se manteñen estos límites para a aplicación do réximen simplificado e do reximen simplificado e do especial da agricultura, gandaría e pesca do IVA no exercicio 2021

  • Irpf