APE-Galicia - Servizos

Praza de España, 1 – 1º Esq. – Ofic. 1 | 36002 – PONTEVEDRA
Telf.: 986891657 | Fax: 986891657
Inicio » Listado de noticias » A xunta de galicia permite ...

A Xunta de Galicia permite a mobilidade excepcional para encontros familiares o día de Reis

O comité clínico que fai seguimento da evolución da covid-19 en Galicia acordou permitir a mobilidade entre concellos, incluso nos que se atopan perimetrados, durante o vindeiro mércores, día 6 de xaneiro, entre as 06,00 e as 23,00 horas, cinguíndose a posibilidade destes desprazamentos ás visitas familiares, tal e como aconteceu nas pasadas festas.

Ademáis, tras analizar a evolución epidemiolóxica na Comunidade Autónoma, decidiu rebaixar ao nivel básico as restricións nos concellos de Carnota e As Pontes, o que supón a supresión das limitacións de mobilidade que tiñan ata o de agora, baixar o concello de Narón, ao nivel medio e engadir ao listado de vixilancia especial aos concellos das comarcas da Coruña e Santiago de Compostela.

A decisión de manter as restricións vixentes en toda Galicia vai ser revisada na xuntanza do próximo venres, xa que é necesario agardar uns días para poder avaliar a evolución epidemiolóxica logo das medidas adoptadas polas festas do Nadal e fin de ano.

Sanidade lembra a obrigatoriedade de cumprir todas as medidas establecidas pola Xunta Galicia, co ánimo de mellorar a situación epidemiolóxica na comunidade e así poder ir diminuíndo as restricións vixentes.