APE-Galicia - Servizos

Praza de España, 1 – 1º Esq. – Ofic. 1 | 36002 – PONTEVEDRA
Telf.: 986891657 | Fax: 986891657
Inicio » Listado de noticias » ReuniÓn ape galicia co dele...

REUNIÓN APE GALICIA CO DELEGADO DO GOBERNO

APE GALICIA CONTRA A ECONOMÍA SOMERXIDA E O INTRUSISMO PROFESIONAL

A Asociación Intersectorial e Interterritorial de Autónomos e Pequenas Empresas de Galicia, APE GALICIA, reuníuse coa Delegada da Xunta en Vigo, Dna María José Bravo Bosch, e co Delegado do Goberno, D. Samuel Jesús Juárez Casado, para tratar o tema da Economía Somerxida.

En cumprimento do acordo tomado pola Xunta Directiva de APE Galicia en Decembro de 2011, a Asociación comezou a rolda de reunións fixadas para dar a coñecer á Administración os resultados do estudo sobre economía somerxida e intrusismo profesional realizado en colaboración coas Asociacións ATRA, INSTALECTRA E FONCALOR.

Dna. María José Bravo Bosh, Delegada da Xunta en Vigo, mostrouse moi interesada neste tema na primeira reunión, celebrada o 6 de Marzo, comprometéndose a estudar o tema e a falar cos organismos implicados para tratar de solventar os problemas que atopan as Asociacións ó enfrontarse á economía somerxida, que actualmente supón unha cifra de ó redor do 20% do P.I.B.

O Delegado de Goberno, D. Samuel Jesús Juárez Casado, na reunión celebrada o 16 de abril, tras escoitar as intervencións de D. José Ramón Caldas Martínez (Presidente de APE Galicia), D. José Manuel Rodríguez Simón (Secretario Xeral de ATRA), Dna. Ana Isabel Ulloa Lobeiras (Presidenta de AECO) e Dna Alejandra Caamaño Rivas, Técnico de APE Galicia, concluíu que o máis efectivo para solucionar este problema é crear un protocolo de actuación en coordinación cos organismos e institucións implicados no problema, polo que emprazou a APE Galicia a unha nova reunión en próximas datas con representantes da Inspección de Traballo, Medio Ambiente, etc