APE-Galicia - Servizos

Praza de España, 1 – 1º Esq. – Ofic. 1 | 36002 – PONTEVEDRA
Telf.: 986891657 | Fax: 986891657
Inicio » Listado de noticias » Curso gratuito de prl: mane...

Carretilla

CURSO GRATUITO DE PRL: MANEXO SEGURO DE CARRETAS ELEVADORAS EN SANTIAGO

Os días 11,12 e 13 de Novembro impartiremos en Santiago de Compostela un cursos gratuito de Manexo Seguro de Carretas Elevadoras.

Neste este curso, coñecerás, de forma xeral, as modalidades, condicionantes e riscos asociados ás distintas operacións de manipulación de cargas en base aos diferentes equipos utilizados e as contornas de traballo nos que se opera de forma máis habitual.

Tamén aprenderás a usar as carretas sen poñer en risco ás persoas, ás cargas manexadas, nin as instalacións nas cales se opere. 

O curso abordará  contidos de prevención comúns a todas as categorías, contidos teóricos específicos da categoría e contidos pácticos. Estes últimos, cunha duración de 9 horas, serán:

  1. Coñecemento das partes da máquina, control visual de características, mantemento, mandos, placas,manuais.  
  2. Comprobación de posta en marcha, dirección, freos, claxon, etc.  
  3. Manobras sen carga, desprazamento en ambas direccións, velocidades, xiros, freadas, utilización en ramplas.  
  4. Manobras similares con carga.  
  5. Carga e descarga de camións, colocación e retirada de cargas en andeis, apilado e retirado de cargas en superficie libre.  
  6. Gráfico de cargas, comprobación efecto das dimensións da carga.  
  7. Con accesorios, pinzas, contedores, pescantes, etc.  

    Manobras extraordinarias, como cargas de dimensións ou características fora do normal pola súa lonxitude, forma, manexo dunha carga simultaneamente con dúas carretas, etc.  

Datas e horario: 11, 12 e 13 de Novembro de 10 a 14 horas.
Lugar: Centro de Formación de Recursos Galicia.
  • Carretilla