APE-Galicia - Servizos

Praza de España, 1 – 1º Esq. – Ofic. 1 | 36002 – PONTEVEDRA
Telf.: 986891657 | Fax: 986891657
Inicio » Listado de noticias » Xornadas de prl en lugo par...

A_vixilancia_da_saude_na_empresa_de_hosteleri_a_lugo_18_11_1_

XORNADAS DE PRL EN LUGO PARA OS SECTORES DE HOSTALARÍA E COMERCIO

O día 18 de Novembro celebraremos dúas xornadas  gratuitas de Prevención de Riscos en colaboración coa Asociación de Mulleres Empresarias de Lugo.

En primeiro lugar, falaremos  da Vixilancia da Saúde na Empresa de Hostalaría e a continuación de Traballadores Especialmente Sensibles, Obrigas Empresariais en Materia Preventiva.

 

Ambas xornadas serán presenciais e terán unha duración de 3 horas cada unha.

 

PRL A VIXILANCIA DA SAÚDE NA EMPRESA NA HOSTALERÍA

Esta xornada ten como obxectivo Identificar e facilitar as actuacións legais e de xestión que poden permitir ás empresas alcanzar unha verdadeira integración da Vixilancia da Saúde.


Os contidos son:

-      A vixilancia da saúde na Prevención de Riscos Laborais

-      O recoñecemento médico

-      Instrumentos para realizar a vixilancia na saúde

-      Valoración de recoñecementos médicos

-      A promoción da saúde 

Datas e horario: 18 de Novembro, ás 16horas

 

TRABALLADORES ESPECIALMENTE SENSIBLES, OBRIGAS EMPRESARIAIS EN MATERIA PREVENTIVA NO COMERCIO

Esta xornada ten como obxectivo informaar sobre as disposicións legais vixentes, facilitar a identificación dos/as traballadoras especialmente sensibles e dar pautas      de actuación  en P.R.L.para desenvolver as actuacións precisas para a súa protección.


Os contidos son:

-  Deberes empresariais e límites xerais á actuación empresarial

-  O deber de colaboración de traballador especialmente sensible

-  Instrumentos para a prevención de riscos laborais no caso de traballadores especialmente sensibles

-  Responsabilidade ante eventuais incumprimentos.

 

Datas e horario: 18 de Novembro, ás 19 horas.

 

Inscripcións en  www.apegalicia.gal 

 Máis información no 986 891 657