APE-Galicia - Servizos

Praza de España, 1 – 1º Esq. – Ofic. 1 | 36002 – PONTEVEDRA
Telf.: 986891657 | Fax: 986891657
Inicio » Listado de noticias » Xornadas de prl en ferrol p...

123393850_4039527672740514_3711146608078453570_n

XORNADAS DE PRL EN FERROL PARA OS SECTORES DO METAL E O COMERCIO

O día 16 de Novembro celebraremos dúas xornadas  gratuitas de Prevención de Riscos en colaboración coa Asociación de Empresarios Ferrolterra

En primeiro lugar, falaremos  de Envellecemento no Traballo no Sector do Metal e a continuación de Traballadores Especialmente Sensibles, Obrigas Empresariais en Materia Preventiva.

Ambas xornadas serán presenciais e terán unha duración de 3 horas cada unha.

 

PRL ENVELLECEMENTO NO TRABALLO NO SECTOR METAL

Esta xornada ten como obxectivo analizar as consecuencias do envellecemento da poboación activa no ámbito laboral, promover un entorno seguro e saudable ao longo de toda a vida laboral e a Axudar ás empresas no desenvolvemento de boas prácticas preventivas en relación ao envellecemento do seu persoal.


Os contidos son:

-  Traballo, idade e saúde.

-  De que fallamos cando falamos de envellecemento da poboación activa?

-  Xestión da plantilla de maior idade.

-  Evolución das capacidades funcionais e neurosensoriais. Procesos biolóxicos de envellecemento con proxección na Prevención de Riscos Laborais.

 

Datas e horario: 16 de Novembro, ás 16 horas.

 

TRABALLADORES ESPECIALMENTE SENSIBLES, OBRIGAS EMPRESARIAIS EN MATERIA PREVENTIVA NO COMERCIO

 Esta xornada ten como obxectivo informaar sobre as disposicións legais vixentes, facilitar a identificación dos/as traballadoras especialmente sensibles e dar pautas    de actuación  en P.R.L.para desenvolver as actuacións precisas para a súa protección.


Os contidos son:

-  Deberes empresariais e límites xerais á actuación empresarial

-  O deber de colaboración de traballador especialmente sensible

-  Instrumentos para a prevención de riscos laborais no caso de traballadores especialmente sensibles

-  Responsabilidade ante eventuais incumprimentos.

 

Datas e horario: 16 de Novembro, ás 19 horas.

  

Inscripcións en  www.apegalicia.gal 

Máis información no 986 891 657