APE-Galicia - Servizos

Praza de España, 1 – 1º Esq. – Ofic. 1 | 36002 – PONTEVEDRA
Telf.: 986891657 | Fax: 986891657
Inicio » Listado de noticias » Xornadas de prl en ponteved...

123543667_4036819913011290_2254376623059660215_n

XORNADAS DE PRL EN PONTEVEDRA PARA OS SECTORES DE HOSTALARÍA E COMERCIO

O día 12 de Novembro celebraremos dúas xornadas gratuitas de Prevención de Riscos en Pontevedra, de 3 horas de duración cada unha. Ambas serán presenciais, na sede de APE Galicia, e terán lugar pola tarde. En primeiro lugar, falaremos da Vixilancia da Saúde na Empresa de Hostalaría e máis tarde de Riscos Psicosociais na Empresa: Protocolos De Acoso No Sector Comercio.

 PRL A VIXILANCIA DA SAÚDE NA EMPRESA NA HOSTALERÍA

 Esta xornada ten como obxectivo Identificar e facilitar as actuacións legais e de xestión que poden permitir ás empresas alcanzar unha verdadeira integración da Vixilancia da Saúde.

 

Os contidos son:

-      A vixilancia da saúde na Prevención de Riscos Laborais.

-      O recoñecemento médico.

-      Instrumentos para realizar a vixilancia na saúde.

-      Valoración de recoñecementos médicos.

-      A promoción da saúde.


Datas e horario: 12 de Novembro, ás 16 horas


RISCOS PSICOSOCIAIS NA EMPRESA: PROTOCOLOS DE ACOSO NO SECTOR DO COMERCIO

Esta xornada ten como obxectivo dotar ás empresas dun instrumento para a xestión do acoso psicolóxico dende unha perspectiva integradora e accesible, para dar resposta á preocupación acerca dos aspectos relacionados cos riscos psicosociais, o acoso sexual e o acoso por razón de sexo no ámbito laboral.

 

Os contidos son:

-  Prevención de riscos laborais. Marco histórico e conceptos xerais

-  Elementos básicos de xestión da prevención

-  Riscos psicosociais e a súa prevención

-  A intervención psicosocial

-  A igualdade de xénero e oportunidades na empresa

-  O acoso sexual e o acoso por razón de sexo no ámbito laboral.

 

Datas e horario: 12 de Novembro, ás 19 horas

 

Inscripcións en  www.apegalicia.gal 

Máis información no 986 891 657