APE-Galicia - Servizos

Praza de España, 1 – 1º Esq. – Ofic. 1 | 36002 – PONTEVEDRA
Telf.: 986891657 | Fax: 986891657
Inicio » Listado de noticias » Xornadas de prl en santiago...

123344636_4036799506346664_8844414820195675293_o

XORNADAS DE PRL EN SANTIAGO DE COMPOSTELA PARA OS SECTORES DO COMERCIO E O METAL

O día 10 de Novembro celebraremos dúas Xornadas de Prevención de Riscos en Santiago de Compostela, en colaboración coa Asociación de Comerciantes y Empresarios CCA Compostela Monumental.

As xornadas serán presenciais e terán unha duración de 3 horas cada unha. . En primeiro lugar, falaremos de Riscos Psicosociais na Empresa: Protocolos De Acoso No Sector Comercio e máis tarde de PRL Envellecemento no Traballo no Sector Metal.

 

RISCOS PSICOSOCIAIS NA EMPRESA: PROTOCOLOS DE ACOSO NO SECTOR DO COMERCIO

Esta xornada ten como obxectivo dotar ás empresas dun instrumento para a xestión do acoso psicolóxico dende unha perspectiva integradora e accesible, para dar resposta á preocupación acerca dos aspectos relacionados cos riscos psicosociais, o acoso sexual e o acoso por razón de sexo no ámbito laboral.

 

Os contidos son:

-  Prevención de riscos laborais. Marco histórico e conceptos xerais

-  Elementos básicos de xestión da prevención

-  Riscos psicosociais e a súa prevención

-  A intervención psicosocial

-  A igualdade de xénero e oportunidades na empresa

-  O acoso sexual e o acoso por razón de sexo no ámbito laboral.

 

Duración: 3 horas.

Datas e horario: 10 de Novembro, ás 16 horas

Modalidade: Presencial. 

 

PRL ENVELLECEMENTO NO TRABALLO NO SECTOR METAL

 Esta xornada ten como obxectivo analizar as consecuencias do envellecemento da poboación activa no ámbito laboral, promover un entorno seguro e saudable ao longo de toda a vida laboral e a Axudar ás empresas no desenvolvemento de boas prácticas preventivas en relación ao envellecemento do seu persoal.

Os contidos son:

-  Traballo, idade e saúde.

-  De que fallamos cando falamos de envellecemento da poboación activa?

-  Xestión da plantilla de maior idade.

-  Evolución das capacidades funcionais e neurosensoriais. Procesos biolóxicos de envellecemento con proxección na Prevención de Riscos Laborais

  

Duración 3 horas.

Datas e horario: 10 de Novembro, ás 19 horas

Modalidade: Presencial.


Inscripcións en  www.apegalicia.gal 

 Máis información no 986 891 657