APE-Galicia - Servizos

Praza de España, 1 – 1º Esq. – Ofic. 1 | 36002 – PONTEVEDRA
Telf.: 986891657 | Fax: 986891657
Inicio » Listado de noticias » Axudas á reposición de animais

Goat_1438254_1280

Axudas á reposición de animais

Obxecto

Axudas para a compra de animais das especies bovina, ovina e cabrúa que teña por obxecto a reposición de efectivos, naquelas explotacións rexistradas en Galicia en que se ordenou o sacrificio de animais destas especies, despois do diagnóstico dunha enfermidade sometida a un programa ou a unha actuación sanitaria oficial de vixilancia, loita, control ou erradicación; tamén se incluirán os casos de animais desas especies que morresen neses marcos sanitarios oficiais citados, e os casos de morte/sacrificio deses animais como consecuencia dun programa oficial obrigatorio de vacinación.

Requisitos

As explotacións afectadas estarán correctamente rexistradas na Comunidade Autónoma de Galicia, en concreto, figurarán inscritas e con todos os seus datos actualizados no Rexistro Xeral de Explotacións Gandeiras (REGA), establecido polo Real decreto 479/2004, do 26 de marzo, e no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia (Reaga), regulado no Decreto 200/2012, do 4 de outubro, da Consellería do Medio Rural.

Ter sacrificado obrigatoriamente, nos prazos sinalados pola autoridade competente, aqueles animais de especies susceptibles de padeceren a enfermidade e que fosen diagnosticados positivos ou sospeitosos.

b) Ter efectuado previamente, antes da reposición dos animais, a limpeza e desinfección da explotación de acordo coa lexislación vixente e as instrucións da autoridade competente.

c) Cumprir a normativa establecida na Orde do 4 de abril de 1997 pola que se establecen as normas para o desenvolvemento das campañas de saneamento gandeiro das especies bovina, ovina e cabrúa.

d) En canto aos animais adquiridos polos cales se solicita axuda, os da especie bovina procederán de explotacións de orixe cunha cualificación sanitaria T3B4 durante os 3 últimos anos consecutivos como mínimo, oficialmente indemnes de leucose bovina enzoótica e libres de peripneumonía contaxiosa bovina. As ditas explotacións de orixe deberán pertencer a provincias e unidades veterinarias locais de prevalencia de tuberculose inferior ao 1 % e libres de brucelose bovina (segundo os datos Rasve dispoñibles máis actualizados). Se as reses bovinas adquiridas proceden de explotacións de orixe situadas noutros países, estes deberán ser oficialmente indemnes de tuberculose, brucelose e leucose bovina, e libres de peripneumonía contaxiosa bovina.

Os animais comprados das especies ovina e cabrúa deberán proceder de explotacións de orixe con cualificación sanitaria M4 durante os 3 últimos anos consecutivos como mínimo, e pertencentes a provincias e unidades veterinarias locais de prevalencia de tuberculose bovina inferior ao 1 % e libres de brucelose ovina e cabrúa (segundo os datos Rasve dispoñibles máis actualizados). Se as reses ovinas ou cabrúas adquiridas proceden de explotacións de orixe situadas noutros países, estes deberán ser oficialmente indemnes de tuberculose e de brucelose ovina e cabrúa.

Beneficiarias/os

As persoas físicas e xurídicas e as entidades sen personalidade xurídica que sexan titulares de explotacións bovinas, ovinas e cabrúas en que se ordenase o sacrificio obrigatorio de animais existentes nelas, e como consecuencia do diagnóstico dunha enfermidade sometida a un programa ou a unha actuación sanitaria oficial de vixilancia, loita, control ou erradicación, así como as persoas ou entidades titulares daquelas explotacións onde morresen ou se practicase a eutanasia de animais das ditas especies, por mor dunha enfermidade sometida a un programa ou a unha actuación sanitaria oficial de vixilancia, loita, control ou erradicación, ou por mor dun programa oficial obrigatorio de vacinación.


Ligazón ó procedimiento e presentación telemática

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=MR550A&ano=2020&numpub=1&lang=es

  • Goat_1438254_1280