APE-Galicia - Servizos

Praza de España, 1 – 1º Esq. – Ofic. 1 | 36002 – PONTEVEDRA
Telf.: 986891657 | Fax: 986891657
Inicio » Listado de noticias » O segundo encontro dixital ...

2encontro

O segundo encontro dixital do programa Reinicia Pontevedra analiza os novos valores dos clientes

Os autónomos e pemes de Pontevedra que interviron como relatores foron Javier Varela, consultor experto en Marketing; Natalia Vieites, directora de Recursos Humanos de Digamel; Mauro Lomba, arquitecto; e César Fernández e Beatriz Mariño, de Meridian Style & Interiors, xunto co coordinador do ciclo, Miguel Ángel Souto Fraga, consultor experto en Ventas e Márketing.

O programa de relanzamento empresarial ofrécese gratuitamente  a autónomos e pemes mediante dúas accións: por unha banda, asesoramentos personalizados para 25 negocios, e pola outra, 7 encontros dixitais de temáticas transversais e multisector.

A primeira acción do ciclo de 7 encontros virtuais Reinicia Pontevedra celebrouse o pasado luns 11 de maio. Neles estanse a tratar temáticas transversais para o tecido comercial e económico de Pontevedra, coa participación de especialistas en xestión empresarial e autónomos e pemes da cidade, en diálogo, e compartindo experiencias.

As datas e títulos dos 7 encontros dixitais son os seguintes:

  • 11 maio: A nova relación cos clientes: recuperar e medrar. 
  • 14 maio: Novos valores: confiable, solidaria, sostible. 
  • 18 maio: Novo servizo ao cliente: da personalización á loxística.
  • 21 maio: Técnicas de venda e equipo comercial, hoxe.
  • 25 maio: Novas ideas de imaxe, publicidade e márketing.
  • 28 maio: Estratexia de comunicación dixital e física.
  • 1 xuño: Estratexia dixital. Evita erros e rendibiliza a inversión.

As sesións telemáticas teñen lugar tódolos luns e os xoves ás 15:30 horas, por seren unha hora especialmente compatible para o maior número de sectores. As inscricións son gratuítas e pódense facer a través da web de APE Galicia (www.encontrosapegalicia.es) ou do teléfono 697 195 540.

A segunda acción do programa consistirá en 25 asesoramentos individuais gratuítos, que abordarán as especificidades de cada negocio ou microsector. O obxectivo é enfocar con acerto a reapertura, a nova saída ao mercado, o plan de relanzamento. Neste asesoramento poderán compartirse 2 videoconferencias, dunha hora cada unha, con expertos en xestión empresarial.

INFORMACIÓN E INSCRICIÓNS GRATUíTAS EN: 

www.encontrosapegalicia.es

Tel: 697 195 540

info@apegalicia.es

  • 2encontro
  • 2encontro1