APE-Galicia - Servizos

Praza de España, 1 – 1º Esq. – Ofic. 1 | 36002 – PONTEVEDRA
Telf.: 986891657 | Fax: 986891657
Inicio » Listado de noticias » Ape galicia celebra a sÚa a...

Thumbnail_img_20200302_174020_1_

APE GALICIA CELEBRA A SÚA ASAMBLEA XERAL ORDINARIA E RECIBE A VISITA DO CONSELLEIRO DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

Na tarde de onte  APE Galicia, celebrou na súa sede principal a súa Asemblea Xeral Ordinaria.

No salón de actos déronse cita moitos dos presidentes e presidentas, xerentes e representantes das asociacións vinculadas a esta entidade procedentes de diferentes partes da comunidade galega, e que deron por aprobados todos os puntos da orde do día.

No transcurso da sesión aprobáronse as contas de 2019 e fíxose unha previsión do orzamento do presente exercicio. Ademais, analizáronse as iniciativas que a entidade ten en marcha, entre elas os "Encontros  APE Galicia" que levarán a Ferrol, Lugo e Ourense e o  XI Congreso das Persoas Traballadoras Autónomas que se celebra o vindeiro sábado 7 de marzo.

O presidente, José Ramón Caldas, informou os asistentes que  APE Galicia, segue crecendo e sumando membros, e que a día de hoxe representa a 60.754 traballadores e traballadoras autónomos.

Tras a súa intervención, deuse paso ao relatorio programado dentro da orde do día.  Juán  Lirón Lago, Subdirector  Xeral de  Emprego, presentou as distintas  lineas de apoio que a Xunta de Galicia está a poñer ao dispor do colectivo autónomo e que deu por finalizada para recibir a visita de Francisco Conde, Conselleiro de Economía, Emprego e Industria.

O conselleiro, que chegou acompañado do  Director  Xeral de Orientación e Promoción  Labora, Pablo Casal, mantivo un encontro coa Xunta Directiva desta entidade e o resto de asistentes.

Durante a súa intervención, sinalou que "o asociacionismo é clave para colaborar coa Administración no impulso do colectivo autónomo, e canalizar as súas inquietudes e demandas",  e tivo a oportunidade de escoitar as propostas dos asistentes. Ademais apuntou que "o labor da Administración non é só apoiar aos autónomos e autónomas para que poidan emprender e consolidar os seus negocios, senón tamén facilitar a conciliación, as novas oportunidades ou a transmisión xeracional, tal e como recolle a Estratexia Autónomo 2020".

Desde  APE Galicia, agradecemos a colaboración da nosa Xunta Directiva, ademais da asistencia de todos os membros e representantes das distintas asociacións vinculadas,  e a dispoñibilidade que sempre ten coa nosa entidade a Xunta de Galicia.