APE-Galicia - Servizos

Praza de España, 1 – 1º Esq. – Ofic. 1 | 36002 – PONTEVEDRA
Telf.: 986891657 | Fax: 986891657
Inicio » Listado de noticias » Ape galicia firma un conven...

4aa987b9_3758_4665_914b_d32898d7dd24

APE GALICIA FIRMA UN CONVENIO DE COLABORACIÓN CO CONSELLO GALEGO DE ECONOMISTAS.

APE GALICIA FIRMA UN CONVENIO DE COLABORACIÓN CO CONSELLO GALEGO DE ECONOMISTAS

A Asociación de Autónomos e  Pequenas Empresas de Galicia ( Ape Galicia) asinaron esta mañá en Santiago de Compostela un acordo de colaboración o  Consello  Galego de Economistas centrado en impulsar e divulgar actividades que resulten de interese para ambas as institucións, dirixidas ao colectivo autónomo.
O acordo subscrito polo presidente de  Ape Galicia, José Ramón Caldas Martínez, e o presidente do  Consello  Galego de Economistas, Miguel Ángel Vázquez  Taín, establece unha liña de traballo cuxo fin último é contribuír ao desenvolvemento económico e social en Galicia.
 Entre as actuacións previstas inclúense actividades formativas e xornadas informativas co obxectivo de promover a cultura emprendedora a través do autoemprego, ademais de incluír actuacións que fomenten a inserción laboral dos colectivos máis desfavorecidos. Este acordo permitirá tamén a colaboración entre ambas entidades para a realización de estudos sobre o colectivo autónomo.

Coa firma deste convenio de colaboración preténdese cumprir cun dos obxectivos estratéxicos de  APE Galicia tal e como vén realizando desde o nacemento da entidade.