APE-Galicia - Servizos

Praza de España, 1 – 1º Esq. – Ofic. 1 | 36002 – PONTEVEDRA
Telf.: 986891657 | Fax: 986891657
Inicio » Listado de noticias » Comeza o taller " inglÉs: a...

Taller_ingles_atencion_ao_cliente

Comeza o Taller " INGLÉS: ATENCIÓN AO CLIENTE"

O Camiño Portugués é o segundo roteiro máis percorrida de todas as que se dirixen a Santiago despois do Camiño Francés.
A gran maioría das persoas que pasan pola Boa Vila fano percorrendo o Camiño Portugués tradicional, aproximadamente uns 70.000 e ademais de camiñantes españois e do país veciño, as nacionalidades máis habituais son italianos, franceses e británicos.

Ademais disto o Concello de Pontevedra multiplica a súa repercusión nacional, pero sobre todo internacional coa organización de grandes eventos como o Campionato de Europa júnior de loita, o Mundial Júnior de balonmán e especialmente, o Mundial de Tríatlon de Longa Distancia.

Por todo isto, APE Galicia, ve interesante realizar un curso de inglés básico dirixido a pequenos negocios do Concello de Pontevedra, demandado polos mesmos en varias ocasións.

CONTIDOS
- Recibindo aos nosos clientes.
- Describindo o noso produto/servizo.
- Ofrecementos e suxerencias.
- Manexo do inglés dependendo do sector.
- Asuntos financeiros.
- Despedidas.
- Comunicacións, e-mails.
- Pedidos, orzamentos e facturas.
- Queixas, reclamacións e desculpas.

DIRIXIDO A
Curso dirixido a traballadores autónomos ou empregados e emprendedores