APE-Galicia - Servizos

Praza de España, 1 – 1º Esq. – Ofic. 1 | 36002 – PONTEVEDRA
Telf.: 986891657 | Fax: 986891657
Inicio » Listado de noticias » 1º encontro: “claves para i...

Img_20191217_wa0080

1º ENCONTRO: “CLAVES PARA IMPULSAR O EMPREGO AUTÓNOMO EN GALICIA”, organizado pola asociación APE GALICIA e a Xunta en Pontevedra

PONTEVEDRA, 17 decembro de 2020. “A formación é clave para que o emprego autónomo poda fortalecerse e medrar, e por eso seguiremos axudando con medidas como o bono formación para autónomos, que este ano imos incrementar”. Así o anunciou o Director Xeral de Orientación e Promoción Laboral da Xunta de Galicia, Pablo Casal, durante a clausura do “1º Encontro Claves para impulsar o emprego autónomo en Galicia”, que se celebrou onte en Pontevedra organizada por APE Galicia (Asociación de Autónomos e Pequenas Empresas de Galicia), en colaboración coa Consellería de Economía, Emprego e Industria.

Na xornada participaron o presidente de APE, José Ramón Caldas; o profesor da USC e presidente do Consello de Economistas de Galicia, Miguel Angel Vázquez Taín; a Directora Xerente da Fundación Pública Galega da Formación para o Emprego, Rosanna López Salgueiro, e o secretario da Mesa do Autónomo da Xunta de Galicia, Xosé Martínez Casal. Ademáis, incorporáronse ao debate dúas empresarias autónomas: Sara González, propietaria da tenda de moda Alma Gemela de Pontevedra, e a creadora audiovisual e formadora Andrea Area, de Portonovo.

O Director Xeral de Orientación e Promoción Laboral da Xunta de Galicia, Pablo Casal, destacou tamén a “importancia e utilidade das asociacións de autónomos, que estean unidas e cohesionadas” para facer actividades como a que organizou a Asociación de Autónomos APE GALICIA.

O presidente de APE Galicia, José Ramón Caldas, abriu o evento e agradeceu a presenza de ponentes, dirixentes de APE de toda Galicia e público, e subraiou a importancia de eventos coma éste para concienciar e divulgar as cuestións relativas aos aútónomos. 

A “necesidade do asociacionismo e colaboración entre os aunónomos” púxoa tamén de manifestó o profesor da Universidade de Santiago de Compostela e presidente do Consello de Economistas de Galicia, Miguel Vázquez Taín. Ofreceu un panorama da realidade dos autónomos en Galicia e a súa comparativa co total de España. Vázquez Taín sinalou como liña de traballo mellorar a concienciación sobre a importancia do autónomo e dárlle ferramentas ante os novos retos empresariais.

A Directora Xerente da Fundación Pública Galega da Formación para o Traballo, Rosanna López Salgueiro, explicou a importancia da Estratexia do Autónomo 2020 que segue a Xunta, e explicou polo miudo a utilidade do portal dixital Oficina Virtual do Autónomo www.oficinadoautonomo.gal , onde se poñen a disposición recursos, posibilidades de colaboración e as axudas da Xunta “dispoñibles nunha única xanela”.

O secretario da Mesa do Autónomo, Xosé Martínez Casal, detallou as convocatorias de axudas que a Xunta abrirá en 2020, precisando que todas elas serán publicadas no primeiro trimestre. Entre as novidades, destacou as axudas a persoas físicas autónomas que se constitúan como sociedade mercantil, ou o relanzamento dos bonos Renova (para inversión en renovacións e produtividade) ou bono Relevo (para o traspaso dun negocio con relevo xeracional). Tamén adiantou que se poñerá en marcha por primeira vez unha acción de mentoring para 200 autónomos.

No coloquio final, xunto aos tres ponentes, incorporáronse dúas empresarias autónomas: Andrea Area, creativa audiovisual freelance de Portonovo, e por outra Sara Rodríguez Magariños, da tenda de moda femenina Alma Gemela de Pontevedra. As dúas empresarias comentaron a realidade dos autónomos galegos e reclamaron ás administracións solucións nas súas principais demandas, como son a cotización por ingresos, a atención mellor ao rural e o acceso accións formativas e asesoramento a través de potenciar as asociacións de autónomos.

Mañá mércores, APE GALICIA organizará este mesmo Encontro en Santiago de Compostela, con diferentes ponentes pero a mesma temática de solucións concretas para o autónomo