APE-Galicia - Servizos

Praza de España, 1 – 1º Esq. – Ofic. 1 | 36002 – PONTEVEDRA
Telf.: 986891657 | Fax: 986891657
Inicio » Listado de noticias » Aberto o prazo para present...

Descarga

Aberto o prazo para presentar as candidaturas de participación na 6ª edición do Encontro de Emprendemento PONT-UP STORE

Xa é posible presentar candidaturas para participar na 6ª edición do Encontro de Emprendemento PONT-UP STORE que se celebrará os días 19, 20 e 21 de setembro na Praza de España de Pontevedra.

Esta iniciativa, liderada polo Campus CREA de Pontevedra (Universidade de Vigo) co apoio do Concello de Pontevedra como patrocinador principal, é froito da cooperación de máis de 45 entidades públicas e privadas que durante estes seis anos foron sumándose ata conformar un ecosistema de apoio ao emprendemento, co obxectivo de converter a Pontevedra durante tres días na capital galega das mellores iniciativas empresariais.

Se tes un novo emprendemento con menos de 3 anos e medio (42 meses) dende a creación da empresa, envía a túa candidatura!

Podes escoller ata o 7 de xullo entre 3 modalidades de participación gratuítas:

Dispoñer dun stand sen custe durante dous días.
Propoñer actividades demostrativas para o programa.
Participar no "Puntazo Expres" onde terás a oportunidade de presentar o teu emprendemento a importantes empresas e entidades.
As candidaturas poderanse presentar a unha ou varias modalidades ata o 7 de xullo cubrindo a seguinte ficha que atoparás no seguinte enlace, coa túa candidatura: https://pontupstore.com/web/gl/participa/bases-e-inscricion  .

Nota: A decisión do comité organizador farase pública o 23 de xullo.

  • Descarga