APE-Galicia - Servizos

Praza de España, 1 – 1º Esq. – Ofic. 1 | 36002 – PONTEVEDRA
Telf.: 986891657 | Fax: 986891657
Inicio » Listado de noticias » Ape galicia opina sobe a li...

APE GALICIA OPINA SOBE A LIMITACIÓN DE PAGOS EN EFECTIVO

APE GALICIA aglutina a 113 Asociacións de Autónomos e PEMES, de tódolos sectores dentro do ámbito territorial galego, cuios membros son traballadores autónomos que actúan dentro da legalidade. Nestes momentos dende APE GALICIA estase levando a cabo unha ampla campaña contra a economía somerxida e o intrusismo profesional a petición das Asociacións que a compoñen, dado que este problema, que supón entre un 20% e un 25% do PIB de España, ten un fortísimo impacto sobre a recadación, limita a provisión pública de servizos, e afecta negativamente á competencia empresarial e ó mercado de traballo. Neste senso cremos que a medida proposta polo Goberno sobre a limitación do pago en efectivo á cantidade de 2.500 €, aínda que poida supoñer unha pequena molestia para as empresas e os profesionais, pode ser unha mais no conxunto de todas as que se deberían tomar para tratar de frear esta lacra. Se a aplicación de esta medida axuda a diminuír as cifras de economía somerxida, cremos que os autónomos, pese ás molestias e ó gasto que pode supor a realización de transferencias (por exemplo ó utilizar un sistema de TPV) nun colectivo xa agobiado pola crise, darana por boa. Bastará con informar ó cliente de que non deberá aboar a factura en man se o presuposto supera esta cantidade. De tódolos xeitos, queremos insistir en que o colectivo de traballadores autónomos e pemes paga os seus impostos e cumpre coa legalidade vixente cobre en efectivo ou mediante transferencia. Non obstante consideramos que esta medida debe ir acompañada de outras, como poden ser a creación de un rexistro público de profesionais, organizado por actividades, onde calquera persoa interesada poida comprobar se quen lle realiza un servizo é ou non un profesional acreditado, a comprobación da realidade e veracidade dos datos especificados nas declaracións responsables utilizadas para o exercicio da profesión.