APE-Galicia - Servizos

Praza de España, 1 – 1º Esq. – Ofic. 1 | 36002 – PONTEVEDRA
Telf.: 986891657 | Fax: 986891657
Inicio » Listado de noticias » Comenzan os talleres para a...

Zesty_color_blocking

Comenzan os Talleres para a Optimización do Comercio Autónomo no Concello de Pontevedra

O Concello de Pontevedra organiza coa colaboración de APE GALICIA, uns Talleres de Escaparatismo e Márketing Visual os días 23-30 de marzo e 20 de abril (sábados) en horario de 16:00 a 21:00 Horas.

Os obxectivos destas xornadas son aprender as técnicas para traballar o escaparate como ferramenta comercial, xestionar estratexicamente a superficie de vendas e o lineal, co obxectivo de obter a máxima rendibilidade e satisfacción do cliente, creando escenarios físicos e psicolóxicos que provoquen unha actitude positiva cara ás compras.

Durante o mes de abril, APE GALICIA colabora tamén no "Programa para a optimización do comercio autónomo no Concello de Pontevedra". Uns cursos teórico-prácticos para desenvolver e reforzar a figura d@ empresari@ de comercio local como elemento fundamental e responsable último no punto de venta.

Estes talleres son gratuítos previa inscrición, posto que as prazas son limitadas, e realizaranse nas instalacións de APE GALICIA, na c/ Gagos de Mendoza nº 2 - Baixo (Á beira da Audiencia).

As persoas interesadas poden pedir información ou inscribirse en:

e-mail: info@apegalicia.es
Teléfono: 986 891 657

  • Zesty_color_blocking
  • Asociacion_de_autonom_s_e_pequenas_empresas_de_galicia_1_