APE-Galicia - Servizos

Praza de España, 1 – 1º Esq. – Ofic. 1 | 36002 – PONTEVEDRA
Telf.: 986891657 | Fax: 986891657
Inicio » Listado de noticias » Ape galicia imparte 2 novos...

APE Galicia imparte 2 novos certificados de profesionalidade para desempregados!!!

A principios deste mes a Asociación de autónomos éranlle concedidos dous cursos para desempregados: Mercadotecnia e compravenda internacional e Organización e Xestión de almacéns.

Para acceder a esta clase de formación é imprescindible ser una persoa desempregada e haber solicitado na oficina do INEM o curso en cuestión. Ámbolos dous son de Nivel 3, polo que ademais haberá que cumprir algún dos seguintes específicos:

-Título de Bacharel.

- Certificado de profesionalidade de nivel 3.

- Certificado de profesionalidade de nivel 2 da mesma familia e área profesional.

- Cumprir o requisito académico de acceso ós ciclos formativos de grado superior ou ben haber superado as correspondentes probas de acceso reguladas polas administracións educativas.

- Ter superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos e/ou de 45 anos.

- Ter as competencias clave necesarias, de acordo co recollido no anexo IV do real decreto 34/2008, para cursar con aproveitamento a formación correspondente ó certificado de profesionalidade.

Estes cursos son totalmente presenciais e contan con módulos de prácticas en empresas para desenvolver o aprendido nos módulos formativos. Estas serán realizadas en empresas da contorna que conten cos departamentos axeitados para a correcta realización destas.

Os asistentes a estes cursos terán a opción de solicitar becas da administración, as cales recollen varios apartados segundo necesidades: conciliación, transporte, manutención e aloxamento... De que algún alumno estea interesado en solicitalas, estas serán tramitadas dende as oficinas de APE Galicia.

A data de selección de alumnado de ámbolos dous cursos será o día 8 de novembro de 2018 nas novas instalacións de APE Galicia (Rúa Gagos de Mendoza nº2 baixo 2 – Pontevedra). A selección do curso de Mercadotecnia levarase a cabo ás 10 horas e o de Organización e xestión de almacéns ás 12 horas.

O curso de Mercadotecnia e compravenda internacional está programado para que de comezo o día 12-11-2018 e rematará o 10-07-2019. O horario será de 09:00 a 14:00 horas e desenvolverase na aula de formación de APE Galicia ( Rúa Herreros nº2, Pontevedra). Son un total de 768 horas.


Os módulos e unidades formativas son os que se citan a continuación:

·         MF1007 Sistemas de información de mercados (180 horas)   

 UF1779 Entorno e información de mercados

 UF1780 Investigación e recollida de información de mercados

 UF1781 Tratamento e análise da información de mercados

·         MF1008 Marketing Mix Internacional (130 horas)      

UF1782 Políticas de marketing internacional

UF1783 Plan e informes de marketing internacional

·         MF1009 Negociación e compravenda internacional (160 horas)      

UF1757 Información e xestión  operativa da compravenda internacional

 UF1784 Negociación e contratación internacional

·         MF1010 Inglés profesional para Comercio Internacional  (120 horas)   

UF1764 Inglés Oral e escrito no Comercio internacional

UF1765 Documentación en Inglés para o Comercio Internacional

·         MF1011 Lingua estranxeira  profesional – PORTUGUÉS (120 horas)     

UF1785 Lingua Portuguesa oral e escrita no Comercio Internacional

UF1786 Documentación en Portugués para o Comercio Internacional

·         MP0378 Prácticas Profesionais non laborais  (40 horas)

·         FCOO03: Inserción Laboral, sensibilización (10 horas)

·         FCOXXX24: Formación para a igualdade (8 horas)

O curso de Organización e xestión de almacéns está programado para que de comezo o mesmo día que o anterior, o 12-11-2018 e rematará o 14-03-2019. O horario será de 15:15 a 20:15 horas e desenvolverase tamén na aula de formación de APE Galicia ( Rúa Herreros nº2, Pontevedra).. Son un total de 408 horas.


Os módulos e unidades formativas son os que se citan a continuación:

·         MF1014_3. Organización de almacéns.   (140   horas)      

UF0926: Deseño e organización do almacén.

UF0927: Xestión do equipo de traballo do almacén.

UF0928: Seguridade e Prevención de riscos no almacén.

·         MF1015_2: Xestión das operacións de almacenaxe.  (110 horas)      

 UF0929: Xestión de pedidos e stock

·         MF1005_3: Optimización da cadea loxística. (90 horas)

·         MP0193 Prácticas Profesionais non laborais. (80 horas)    

·         FCOO03: Inserción Laboral, sensibilización. (10 horas)  

·         FCOXXX05: Formación para a igualdade. (8  horas)  


Se alguén desexa máis información ou inscribirse so ten que poñerse en contacto con nós no ☎️ 986 891 657 ou en 📬 info@apegalicia.es.

Estes cursos están cofinanciados pola Consellería de Economía, emprego e Industria e polo Ministerio de Emprego e Seguridade Social.






  • Copia_de_certificado_de_profesionalidade
  • Certificado_de_profesionalidade