APE-Galicia - Servizos

Praza de España, 1 – 1º Esq. – Ofic. 1 | 36002 – PONTEVEDRA
Telf.: 986891657 | Fax: 986891657
Inicio » Listado de noticias » ApliaciÓn do prazo de solic...

APLIACIÓN DO PRAZO DE SOLICITUDE E DE XUSTIFICACIÓN DAS SUBVENCIÓNS PARA PROMOVER O AUTOEMPREGO E A ACTIVIDADE EMPRENDEDORA DAS PERSOAS GALEGAS RETORNADAS E DOS SEUS DESCENDENTES.

Mediante a Resolución do 21 de marzo de 2018 (DOG núm. 66, do 5 de abril), aprobáronse as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para promover o autoemprego e a actividade emprendedora na Comunidade Autónoma galega das persoas galegas retornadas e dos seus descendentes.

De conformidade co establecido no artigo 8 da dita resolución, o prazo para a presentación de solicitudes remata o día 28 de setembro de 2018. Pola súa parte, no artigo 17 establécese que o prazo de xustificación da actividade subvencionada finaliza o día 31 de outubro de 2018 incluído.

Próximo a rematar o prazo de presentación de solicitudes, e á vista das solicitudes presentadas, a secretaría xeral considera convinte ampliar o prazo de presentación de solicitudes e, consecuentemente, o prazo de xustificación das subvencións solicitadas conforme o novo prazo.

Amplíase ata o 31 de outubro de 2018 o prazo para a presentación de solicitudes e ata o 30 de novembro de 2018 o prazo de xustificación.