APE-Galicia - Servizos

Praza de España, 1 – 1º Esq. – Ofic. 1 | 36002 – PONTEVEDRA
Telf.: 986891657 | Fax: 986891657
Inicio » Listado de noticias » Charla informativa da tgss ...

CHARLA INFORMATIVA DA TGSS EN APE GALICIA "Os autónomos no sistema RED"

O pasado venres 21 de setembro APE Galicia enchía o seu salón de actos coa conferencia “Os autónomos no sistema RED” que veu dar a Tesourería Xeral da Seguridade Social. A cita acudiron máis dunha vintena de persoas interesadas en coñecer un pouco máis sobre a Orde Ministerial ESS/214/2018, de 1 de marzo, a cal estará vixente a partir do 1 de Outubro de 2018.

O colectivo dos autónomos leva demandando de forma permanente trámites non presenciais e mellores servizos para poder axilizar as súas xestións. Isto supuxo que na actualidade unha parte importante do colectivo utilice de modo exclusivo os medios electrónicos.

Son innegables as ventaxes que ofrece a administración electrónica: facilita a realización de trámites en calquera momento e dende calquera lugar, de forma áxil, sinxela e intuitiva, sen necesidade de desprazamentos a unha oficina.

Neste sentido, a OM ESS/214/2018, de 1 de marzo, da un paso máis en materia de Administración Electrónica para os traballadores autónomos, introducindo a obriga de xestionar por vía electrónica os seus trámites de afiliación, cotización e recadación, así como a recepción das notificacións dos actos administrativos da Tesourería Xeral da Seguridade Social.

Co obxecto de dar a maior difusión posible a estes cambios, a Dirección Provincial da TGSS está e  realizar varias charlas informativas dirixidas a organizacións ou colectivos afectados. APE Galicia quedou encantada con ser un dos sitios elixidos para a conferencia, xa que puido así darlle ós seus asociados e demais profesionais de Pontevedra a posibilidade de informarse sobre esta nova Orde.

O que se pretendía  era expoñer de maneira máis pormenorizada en que consiste a nova obriga, a quen lle afecta e detallar os servizos que actualmente ofrece a Sede Electrónica da Seguridade Social. A conferencia tivo como poñentes ó Director provincial de la TGSS, Juan A. Herrera de la Rubia; e á Subdirectora de Xestión Recaudatoria,  Mª del Carmen Gil Peña. T

Dende APE Galicia dámoslles as grazas por contar con nós e recordámoslles que as nosas aulas están abertas para formar e seguir mellorando a vida dos autónomos.









  • Img_20180921_114542
  • Img_20180921_114507