APE-Galicia - Servizos

Praza de España, 1 – 1º Esq. – Ofic. 1 | 36002 – PONTEVEDRA
Telf.: 986891657 | Fax: 986891657
Inicio » Listado de noticias » Ape galicia e o concello de...

APE GALICIA E O CONCELLO DE SALCEDA DE CASELAS CELEBRAN A PRIMEIRA XUNTANZA DE AUTÓNOMOS.

O pasado 18 de Setembro a Asociación de Autónomos e Pequenas Empresas de Galicia (APE Galicia) organizou  xunto co Concello de Salceda de Caselas unha “Xuntanza de autónomos” para tratar a situación actual do Colectivo Autónomo e outros asuntos de interese para o mesmo.

Certamente non se esperaba o aclamo que tivo esta reunión. A ela acudiron máis de sesenta autónomos do concello interesados polos temas que se ían tratar e  por solventar dúbidas ás que ninguén lles da resposta.

A   xornada   estivo   presidida   polo   Alcalde  do Concello de Salceda de Caselas, Don  Marcos David Besada Pérez e o  Presidente de APE Galicia, Don José Ramón Caldas Martínez. Ámbolos dous deron o discurso de apertura, comentaron a situación actual do autónomo en Galicia e deixaron claro ós asistentes que podían contar con ambas institucións cando o precisasen.

Tomou a palabra a continuación Anabel Fernández López, avogada e asesora xurídica de  APE Galicia na provincia da Coruña, a cal expuxo os aspectos máis relevantes sobre o novo regulamento sobre protección de datos a nivel europeo (RGPD 2016, entrada en vigor en 2018) e deu unhas pinceladas sobre as obrigas e sancións nas que podían incorrer con facilidade. Todo o que se tratou na reunión sobre esta parte pódese atopar na seguinte dirección: www.anclabogados.es.

A seguinte e última intervención foi de Juan Lirón Lago, Subdirector Xeral de Emprego da   Xunta  de  Galicia. Este  expuxo dunha forma práctica e sinxela a nova Lei do autónomo, en vigor dende o 1 de xaneiro de 2018, así como as diferentes axudas da Xunta de Galicia, ademais de adiantar as que proximamente estarán dispoñibles e que poden contribuír a impulsar a actividade empresarial dos autónomos e das PEMES , favorecendo a súa consolidación e crecemento. Así mesmo, recordoulles ós asistentes que teñen á súa disposición a oficina virtual do autónomo na que atoparán toda esta información e outra relevante para o colectivo. www.oficinadoautonomo.gal

 

Finalmente houbo unha rolda de preguntas dirixidas ós poñentes, o Presidente de APE Galicia e ó Alcalde. A xornada, que deu comezo ás nove da noite alongouse ata pasadas as once da noite intentando dar resposta a todas as cuestións que ían surxindo.

Dende APE Galicia e o Concello considerouse un éxito a xuntanza, tanto pola importancia dos contidos expostos como polo interese dos presentes e a súa participación. Ambas institucións están en contacto para seguir loitando polo colectivo e ofrecerlles máis charlas informativas, formación, etc.

Dende APE Galicia só nos queda dar as GRACIAS ó Concello de Salceda de Caselas, á Xunta de Galicia e ós participantes por facer posible estas xuntanzas.








  • Xornada_ape_galicia_no_cdl_2_
  • Img_20180918_215941