APE-Galicia - Servizos

Praza de España, 1 – 1º Esq. – Ofic. 1 | 36002 – PONTEVEDRA
Telf.: 986891657 | Fax: 986891657
Inicio » Listado de noticias » Curso de prevenciÓn de risc...

CURSO DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS NIVEL BÁSICO

Sae publicado o 24 de agosto a resolución pola que se convoca un curso de prevención de riscos laborais nivel básico para persoal empregado público, traballador por conta  allea  ou  autónomo,  empresario  e  persoa  con  inquietudes  no  ámbito  da  prevención de riscos laborais.

REQUISITOS DO PERSOAL PARTICIPANTE

Empregados/as públicos/as, traballadores/as por conta allea ou autónomos/as, empresarios/as e aquelas persoas con inquietudes no ámbito da prevención de riscos laborais.

DESENVOLVEMENTO DA ACTIVIDADE DE FORMACIÓN

A  actividade  formativa  realizarase  cos  requirimentos,  a  duración  e  as  condicións  que 

para esta actividade se indique na convocatoria. A información relativa ao desenvolvemento da actividade, así como as súas posibles modificacións, será actualizada e ampliada na páxina web https://egap.xunta.gal.



Prl_560x373


SOLICITUDES E PRAZOS

O prazo de presentación de solicitudes será do 27 de agosto ao 5 de setembro de 2018.

As solicitudes de participación na actividade formativa só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo https://egap.xunta.gal/matricula desde as 9.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 23.55 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.

Serán excluídas automaticamente aquelas solicitudes que non se axusten ao formulario de solicitude, non teñan cubertos correctamente os datos precisos para a realización do proceso de selección ou sexan presentadas fóra de prazo.

As persoas que oculten ou falseen datos esenciais para a selección serán automaticamente excluídas das actividades solicitadas e pasarán ao final das listas de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado desde que se detecte o feito.

As persoas interesadas en recibir mensaxes sobre o proceso de selección deberán facilitar un enderezo de correo electrónico e/ou un número de teléfono móbil e, ao tratarse de actividades impartidas na modalidade de teleformación, deberán dispor dun equipo informático que cumpra os seguintes requisitos técnicos:

– Un ordenador con conexión á internet.

– Un navegador web co plugin de flash

A EGAP adoptará as medidas necesarias para facilitar a presentación das solicitudes.

As dúbidas, as dificultades técnicas e as peticións de información complementaria serán atendidas a través dos números de teléfono 981 54 62 57, 981 54 62 54 e 981 54 63 35 e do enderezo de correo electrónico xestion.egap@xunta.gal.

CRITERIOS DE SELECCIÓN

Unha vez recibidas as solicitudes correctamente, asignaranse as prazas no curso solicitado ata esgotar o total de prazas, tendo en conta os criterios de prioridade, nesta orde:

1.       Posuír  a  condición  de  delegado/a  de  prevención,  traballador/a  designado/a  e/ou empresario/a  que  asuma  as  funcións  de  prevención  de  riscos  laborais  na  súa  empresa  (deberán achegar a issga.cursoprl@xunta.gal, dentro do prazo de presentación de solicitudes, a documentación que o acredite).

2.       Orde inscrición.

3.       Subsidiariamente serán empregados os criterios sinalados con carácter xeral na Resolución da Escola Galega de Administración Pública do 4 de xaneiro de 2008 (DOG do 10 de xaneiro).

4.       No caso de que non haxa un suficiente número de solicitantes que cumpran os requisitos do curso poderá completarse o número de participantes asignado mediante a apertura dun novo prazo público na páxina web da EGAP.

 

Para máis información preme no seguinte enlace: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180824/AnuncioO150-310718-0001_gl.pdf