APE-Galicia - Servizos

Praza de España, 1 – 1º Esq. – Ofic. 1 | 36002 – PONTEVEDRA
Telf.: 986891657 | Fax: 986891657
Inicio » Listado de noticias » Programa de oportunidades d...

Programa de Oportunidades de Negocio das Cooperativas e da Economía Social

O programa de Oportunidades de Negocio das Cooperativas e da Economía Social está destinado a todas aquelas persoas que queiran saber máis sobre a organización empresarial das cooperativas: desempregados, traballadores por conta propia ou allea, empresarios, estudantes...
Este enfoca os seus contidos na normativa e funcionamento das cooperativas, as axudas e subvencións e na elaboración dun plan de empresa. Así mesmo tamén entra dentro do programa visitas a cooperativas para ver o seu funcionamento in situ.
Esta actividade enmárcase no programa de actuación 2018 da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboraicón impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Empleo y Seguridad Social.


  • Cartel_programa_e_oportunidades