APE-Galicia - Servizos

Praza de España, 1 – 1º Esq. – Ofic. 1 | 36002 – PONTEVEDRA
Telf.: 986891657 | Fax: 986891657
Inicio » Listado de noticias » informámosvos que o progra...

Informámosvos que o programa "RESPONSABILÍZATE" (TR320B) ampliou o seu prazo ata o 31 de xullo.

 

É obxecto da presente resolución establecer os requisitos do proceso de selección das empresas ou entidades ás que se prestarán os servizos do programa Responsabilízate, así como proceder á súa convocatoria para o ano 2018 (TR320B)

Beneficiarios

1. Poderán ser beneficiarias do programa Responsabilízate as pequenas e medianas empresas (pemes), así como as persoas traballadoras autónomas, que teñan radicado o seu domicilio social ou que conten con algún centro de traballo en Galicia.
2. Ademais do especificado no punto anterior, deberán cumprir os seguintes requisitos:
a) Ter, cando menos, unha persoa traballadora por conta allea.
b) Que non superen os 50 millóns de euros de volume de negocio anual ou o seu balance anual sexa inferior a 43 millóns de euros.
c) Non seren entidades sen ánimo de lucro.

Amplía esta información no seguinte enlace: https://rse.xunta.gal/index.php/gl/recursos/responsabilizate  

 De ser de interese descargue o texto completo no seguinte enlace: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180213/AnuncioG0424-050218-0007_gl.pdf