APE-Galicia - Servizos

Praza de España, 1 – 1º Esq. – Ofic. 1 | 36002 – PONTEVEDRA
Telf.: 986891657 | Fax: 986891657
Inicio » Listado de noticias » Axudas programa a prol da c...

AXUDAS PROGRAMA A PROL DA CONTRATACIÓN DAS MULLERES DESEMPREGADAS - TR350A

 

1. Beneficiarios

Persoas  empleadoras e as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídas as persoas autónomas, as sociedades civís e as comunidades de bens, que contraten mulleres desempregadas por por conta allea para prestar servizos en centros de traballo radicados na CCAA de Galicia.

Para as empresas que teñan mais de 50 traballadores deberán cumprir coa cota de reserva para persoas con discapacidade, conforme se de ocupación, polo menos, ao 2% de traballadores con discapacidade sobre o total de persoas traballadoras.

 

2. Proxectos Subvencionables

BONO DE CONTRATACIÓN:

Contratación indefinida inicial realizadas con mulleres desempregadas:

Que se formalicen entre o 1 de xaneiro de 2018 e o 30 de setembro de 2018.

Requisitos:

  • Ser muller
  • Estar en situación de desemprego no momento do inicio da relación laboral (inscrita como demandante de emprego)
  • A xornada poderá ser a tempo completo ou a tempo parcial (igual ou superior ao 50% da xornada a tempo completo)
  • Como consecuencia da contratación indefinida inicial terá que incrementarse o emprego neto da empresa respecto da media dos 3 meses anteriores ao da contratación.
  • Como consecuencia da contratación indefinida terá que incrementarse o cadro de persoal fixo da empresa respecto da media dos 3 meses anteriores ao da contratación.

 

BONO DE FORMACIÓN (opcional):

Dirixido ás persoas contratadas para levar a cabo acciones formativas que melloren os seus coñecementos e habilidades relacionadas co posto de traballo. Requisitos:

  • A persoa traballadora que recibe a formación e  tutorización ten que ser a mesma que participa no programa de bono de contratación.
  • Ten que ofrecerse unha acción formativa, que terá lugar dentro dos tres primeiros meses de formalización do contrato. Para as contratacións realizadas ente o 1 de xaneiro e o 27 de xuño, a acción formativa poderase facer nos tres meses seguintes á data de publicación das bases (27/09/2018).
  • A acción formativa terá unha duración mínima de 50 horas de formación teórica en contidos relacionados co posto de traballo.
  • Quedan excluídas aquela formación que supoña cumprimento de obrigacións legais empresariais en materia de  prl.

 

3. Prazo de Presentación de Solicitudes

30 de setembro de 2018.

Para as contratacións realizadas entre o 1 de xaneiro e o 27 de xuño, o prazo para presentación de solicitudes será de dous meses, é dicir, ata o 27 de agosto de 2018.

As contratacións realizadas despois do 27 de xuño, terán de prazo dous meses desde realizada a contratación.

 

4. Contía dos incentivos

BONO CONTRATACIÓN:

7.000 € por cada muller contratada. Incrementarase un 25% nos seguintes casos:

- Cando o centro de traballo ou domicilio fiscal estea nun concello rural.

- Ser emigrante retornada.

- Ter máis de 45 anos.

BONO FORMACIÓN:

1.000 € por cada muller desempregada contratada.

 

5. Prazo de Execución

Bono contratación: Contratacións realizadas entre o 1 de xaneiro de 2018 e o 30 de setembro de 2018.

Bono formación: Dentro dos tres primeiros meses do inicio da relación laboral. Para contratacións realizadas con posterioridade ao 15 de setembro e ata o 30 de setembro, terán como data límite o 15 de decembro de 2018.

 

6. Orzamento

1.147.052€.

 

7. Documentación

Orde de Bases (DOG- Nº122-27.06.2018)

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180627/AnuncioG0424-120618-0001_gl.html


 

Admisión por orde de entrada ata esgotamento de crédito