APE-Galicia - Servizos

Praza de España, 1 – 1º Esq. – Ofic. 1 | 36002 – PONTEVEDRA
Telf.: 986891657 | Fax: 986891657
Inicio » Listado de noticias » Axudas do igape para novos ...

AXUDAS DO IGAPE PARA NOVOS EMPRENDEDORES (2018).

O obxectivo destas axudas será subvencionar os proxectos de creación de pequenas e medianas empresas por novos emprendedores, así como os proxectos de investimento para a ampliación en pequenas e medianas empresas xa creadas, sempre que cumpran os requisitos para seren consideradas nova peme.

As subvencións serán a fondo perdido en réxime de concorrencia competitiva e os beneficiarios potenciais as pequenas e medianas empresas que cumpran unhas determinadas condicións.

Os proxectos deberán cumprir os seguintes requisitos:

a) Non ter comezado antes da presentación da solicitude de axuda.

b) Presentar un custo subvencionable igual ou superior a 25.000 euros e non superior a 500.000 euros, que se realizará no prazo de execución do proxecto que se estableza na resolución de concesión; se o custo subvencionable resultase superior a 500.000 euros, o Igape reduciría a base subvencionada a esta cantidade.


Para os efectos de cálculo da subvención a fondo perdido, consideraranse integrados na base subvencionable os conceptos seguintes, que cumpren os requisitos establecidos pola Orde HFP/1979/2016, do 29 de decembro, pola que se aproban as normas sobre os gastos subvencionables dos programas operativos do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional para o período 2014-2020:

a)       Investimentos realizados en:

1º Obra civil para construción, reforma ou habilitación de instalacións en bens inmobles en propiedade, suxeitos aos módulos máximos de custo subvencionable que se achegan como anexo V.

2º Bens de equipamento: maquinaria de proceso, equipamentos informáticos, mobiliario, instalacións específicas para a actividade subvencionable, elementos de transporte interior e equipamentos de protección do ambiente.

3º Outros investimentos en activos fixos mobiliarios.

4º Activos inmateriais, tales como adquisición de dereitos de patentes, licencias, Know how e coñecemento técnicos non patentados, incluíndo aplicacións informáticas, que cumpran as condicións do artigo 14.8 do Regulamento (UE) nº 651/2014.

b) Gastos de investigación e desenvolvemento e o canon fixo de franquías no seu primeiro ano.

c) Os gastos de aluguer de bens inmobles, ata un prazo máximo dez meses.

d) Os gastos do informe de auditor a que fai referencia o artigo 14.6.b) das bases.

e) Os gastos de reforma de instalacións en bens inmobles arrendados, suxeitos aos módulos máximos de custo subvencionable que se achegan como anexo V.

f) Igualmente considéranse subvencionables a adquisición de activos pertencentes a un establecemento cando se cumpran as seguintes condicións:

1º Que o establecemento pechase ou pecharía se non fose adquirido.

2º Que os activos sexan adquiridos a un terceiro non relacionado co comprador,

3º Que a operación teña lugar en condicións de mercado.

Os prazos de presentación de solicitudes serán os seguintes:

Convocatoria - Inicio de prazo - Fin do prazo

2018.1 – 26/06/2018 – 27/07/2018
2018.2 – 30/07/2018 – 25/10/2018

Para máis información: 
http://www.igape.es/gl/base-xeral-de-axudas/ficha/IGAP347
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180625/AnuncioO92-120618-0001_gl.html