APE-Galicia - Servizos

Praza de España, 1 – 1º Esq. – Ofic. 1 | 36002 – PONTEVEDRA
Telf.: 986891657 | Fax: 986891657
Inicio » Listado de noticias » Axudas para ampliar a reduc...

AXUDAS PARA AMPLIAR A REDUCCIÓN DAS COTAS DA SSEGURIDADE SOCIAL PARA A CONSOLIDACIÓN DO TRABALLO AUTÓNOMO

ORDE do 27 de abril de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas para ampliar a redución das cotas da Seguridade Social para a consolidación do traballo autónomo e se procede á súa convocatoria para o ano 2018.

 

OBXECTO

1. Esta orde ten por obxecto aprobar as bases reguladoras polas cales se rexerán as axudas a persoas traballadoras por conta propia ou autónomas que estean ou estivesen acollidas aos incentivos e medidas de fomento e promoción do traballo autónomo do parágrafo primeiro do artigo 31.1 da Lei 20/2007, do 11 de xullo, do Estatuto do traballo autónomo, que establece que a cota por continxencias comúns, incluída a incapacidade temporal, das persoas traballadoras por conta propia ou autónomas que causen alta inicial ou que non estivesen en situación de alta durante un período de tempo anterior regulado no dito artigo, contados desde a data de efectos da alta, no réxime especial da Seguridade Social de traballadores por conta propia ou autónomos, se reducirá á contía de 50 euros mensuais durante o número de meses regulados no mencionado artigo, inmediatamente seguintes á data de efectos da alta, no caso de que opten por cotizar pola base mínima que lles corresponda. As axudas só son para altas no RETA anteriores ao 1 de xaneiro de 2018 que cumpran cos requisitos regulados nesta orde.

2. Mediante esta axuda, a través do procedemento TR341P, permitirase que a persoa traballadora por conta propia desfrute das reducións indicadas no parágrafo anterior durante un máximo de seis (6) meses adicionais aos regulados no parágrafo primeiro do artigo 31.1 da Lei 20/2007, do 11 de xullo, do Estatuto do traballo autónomo, tomando como referencia a cotización pola base mínima establecida con carácter xeral e o tipo mínimo de cotización, vixentes no mes en que se producise a alta da persoa traballadora autónoma.

3. Así mesmo, por medio desta orde procédese á convocatoria destas axudas para o ano 2018.

 

ACCIÓN SUBVENCIONABLE E IMPORTE DA SUBVENCIÓN

1. Serán subvencionables as cotas que sexan obxecto de aboamento polas persoas traballadoras beneficiarias desta orde, durante un máximo de seis (6) meses tras finalizar o desfrute da redución da contía a 50 euros mensuais regulada no primeiro parágrafo do artigo 31.1 da Lei 20/2007, do 11 de xullo, sempre que a persoa beneficiaria cumpra os requisitos establecidos na presente orde.

2. Para o cálculo da subvención tomarase como referencia a base mínima de cotización, establecida con carácter xeral na correspondente orde anual do Ministerio de Emprego e Seguridade Social, vixente no mes en que se producise a alta da persoa traballadora autónoma e o tipo mínimo de cotización vixente no citado mes, incluída a incapacidade temporal. Por outra banda, teranse en conta as reducións e bonificacións aplicadas á cota que se establecen no parágrafo terceiro do artigo 31.1 da Lei 20/2007, do 11 de xullo. As axudas só son para altas no réxime especial de traballadores autónomos (RETA) anteriores ao 1 de xaneiro de 2018 que cumpran cos requisitos regulados nesta orde.

3. O importe mensual da subvención será a diferenza entre a cota que aboaría un autónomo coas condicións establecidas no parágrafo anterior, acollido ás axudas reguladas no primeiro parágrafo do artigo 31.1 da Lei 20/2007, do 11 de xullo, e a cota fixa mensual establecida durante os meses de desfrute da redución da contía de cotización a 50 euros mensuais regulada no primeiro parágrafo do artigo 31.1 da Lei 20/2007, do 11 de xullo, desde a súa alta inicial.

4. O importe da subvención que se vai conceder permitiralle á persoa traballadora por conta propia ou autónoma manter, durante os seis (6) meses subvencionables, a cota reducida da cal desfruta ou, de ser o caso, desfrutase, durante os meses de desfrute da redución da contía de cotización a 50 euros mensuais regulada no primeiro parágrafo do artigo 31.1 da Lei 20/2007, do 11 de xullo, desde a súa alta, se cotizase pola base mínima establecida con carácter xeral, sen prexuízo das variacións ou actualizacións legais que se poidan producir na base e/ou o tipo de cotización durante o período subvencionable.

 

PERSOAS BENEFICIARIAS

Poderán ser beneficiarias destas subvencións as persoas traballadoras que estean dadas de alta no réxime especial da Seguridade Social de traballadores por conta propia ou autónomos, que estean ou estivesen acollidos aos incentivos e medidas de fomento e promoción do traballo autónomo do parágrafo primeiro do artigo 31.1 da Lei 20/2007, do 11 de xullo, do Estatuto do traballo autónomo. As axudas só son para altas no réxime especial de traballadores autónomos (RETA) anteriores ao 1 de xaneiro de 2018 que cumpran cos requisitos regulados nesta orde.

 

REQUISITOS E OBRIGAS DAS PERSOAS BENEFICIARIAS

1. Ser, ou ter sido, beneficiarias das reducións previstas no parágrafo primeiro do artigo 31.1 da Lei 20/2007, do 11 de xullo. As axudas só son para altas no RETA anteriores ao 1 de xaneiro de 2018 que cumpran cos requisitos regulados nesta orde.

2. Empezar o período de seis (6) meses obxecto da subvención regulada nesta orde no exercicio corrente de 2018.

3. Manter as condicións que lles deron dereito a desfrutar das devanditas reducións nas cotas da Seguridade Social, durante o período obxecto da subvención.

4. Estar ao día nas obrigas tributarias coa Administración do Estado e da Comunidade Autónoma de Galicia, así como coa Seguridade Social.

5. Realizar a súa actividade na Comunidade Autónoma de Galicia.

6. Cumprir as obrigas establecidas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

7. Facilitar toda a información que lles sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, polo Tribunal de Contas e polo Consello de Contas no exercicio das súas funcións de fiscalización e control de destino das subvencións.

8. As persoas beneficiarias estarán obrigadas a comunicar, de xeito inmediato, calquera variación ou extinción das condicións que lles deron dereito a percibir estas axudas.

 

 

 

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

Para o presente exercicio 2018, o prazo de presentación de solicitudes iniciarase o día seguinte ao da publicación desta orde e rematará o 31 de xullo de 2018.

 

DOCUMENTACIÓN COMPLEMENTARIA NECESARIA PARA A TRAMITACIÓN DO PROCEDEMENTO

As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

a) No suposto de actuar mediante representante, poder suficiente da persoa representante para actuar en nome da persoa representada.

b) Recibos bancarios xustificativos do pagamento da cotización, correspondentes a dous (2) dos meses en que desfrutou da redución na cotización a 50 euros mensuais desde a alta inicial.

 

PARA MÁIS INFORMACIÓN

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180515/AnuncioG0424-020518-0004_gl.html