APE-Galicia - Servizos

Praza de España, 1 – 1º Esq. – Ofic. 1 | 36002 – PONTEVEDRA
Telf.: 986891657 | Fax: 986891657
Inicio » Listado de noticias » Chega o plan repensa 2018

Sin_titulo

CHEGA O PLAN REPENSA 2018

O plan REPENSA é unha iniciativa da Asociación APE Galicia coa que colaboran activamente o Concello de Pontevedra e ILES. O obxectivo deste proxecto é impulsar o comercio local e evitar o peche de establecementos no concello por mor da xubilación a través dun relevo xeneracional.
Preténdese pois levar da man a todas aquelas persoas que desexen apostar pola continuidade dun negocio a través dunha serie de actividades, conferencias, congregacións...

Vai dirixido a tódas aquelas persoas que desexen emprender apostando por negocios que xa están en activo e que sufrirán un peche inminente se ninguén os colle de man.
Ofrecerase, a maiores das actividades,  un catálogo dos locais que están dispoñibles, un estudo sobre a súa actividade e asesoramento para emprender. Ademáis poderá disfrutar durante 3 meses da compañía do antigo propietario para coñecer mellor o negocio.

Para poder participar só tes que poñerte en contacto con nós, explicarémosche o Plan REPENSA detalladamente e poremos a túa disposición unha folla de rexistro. Se o desexas tamén podes obter o formulario de inscripción na nosa web ou no noso facebook e enviárnolo a seguinte dirección de correo electrónico:
infoapegalicia.es Por outra banda, tamén poderás facelo a pé de rúa na Praza da Peregrina os días 30 de Abril, 2,7 e 9 de Maio.

A través das distintas vías que se enumeran a continuación poderás obter máis información así como as datas dos eventos e as actividades :
986891657 / 697195540
APE Galicia Plaza de España nº 1 - 1º and. of.1 Pontevedra





  • Sin_titulo
  • Modelo_censo_locais_001
  • Rexistro_de_participantes_001
  • Cartel_informacion_repensa_pdf_001
  • Hai_unha_cadeira_baleira_para_ti_4_001