APE-Galicia - Servizos

Praza de España, 1 – 1º Esq. – Ofic. 1 | 36002 – PONTEVEDRA
Telf.: 986891657 | Fax: 986891657
Inicio » Listado de noticias » Convócase a segunda edición...

94

Convócase a segunda edición do programa Responsabilízate. Dirixido a autónomos e Pequenas e medianas empresas.

A quen vai dirixido?

Poderán ser beneficiarias do programa Responsabilízate as pequenas e medianas empresas (pemes), así como as persoas traballadoras autónomas, que teñan radicado o seu domicilio social ou que conten con algún centro de traballo en Galicia.


Requisitos

a) Ter, cando menos, unha persoa traballadora por conta allea.

b) Que non superen os 50 millóns de euros de volume de negocio anual ou o seu balance anual sexa inferior a 43 millóns de euros.

c) Non seren entidades sen ánimo de lucro.


Prazo

Prazo de presentación: ABERTO

a partir de  14/02/2018

1.       O prazo estará aberto a partir da publicación destas bases no Diario Oficial de Galicia e ata que se acade o número de prazas máximo segundo a dispoñibilidade orzamentaria.

2. Unha vez cuberto o número de prazas máximo, pecharase a inscrición, o que será comunicado a través da páxina web https://rse.xunta.gal e da sede electrónica da Xunta de Galicia.


Documentación para a presentación 

    As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

       - Copia da escritura de constitución, estatutos ou documentos análogos da empresa solicitante, que acrediten o seu domicilio social e a potestade da persoa que actúa e que asina a solicitude.

 Non será necesario achegar os documentos que xa foran presentados anteriormente sempre que a persoa interesada expresase o seu consentimento para que sexan consultados ou obtidos eses documentos. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos.

 Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa interesada a súa presentación ou, no seu defecto, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.

 

A onde acudir

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

SECRETARÍA XERAL DE EMPREGO

SUBDIRECCIÓN XERAL DE RELACIÓNS LABORAIS

SERVIZO DE RELACIÓNS LABORAIS, SEGURIDADE E SAÚDE LABORAL

San Lázaro, s/n

15781  Coruña, A

Teléfono: 981545743 / 981544615

Fax: 981957751

 

Órgano responsable

SECRETARÍA XERAL DE EMPREGO

 

Enlace á orde:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180213/AnuncioG0424-050218-0007_gl.html

 


  • 94