APE-Galicia - Servizos

Praza de España, 1 – 1º Esq. – Ofic. 1 | 36002 – PONTEVEDRA
Telf.: 986891657 | Fax: 986891657
Inicio » Listado de noticias » Rede eusumo levarÁ a cabo u...

REDE EUSUMO LEVARÁ A CABO UN OBRADOIRO PARA CREAR PÁXINAS WEB

Esta acción está dirixida a persoas emprendedoras, autónomas e traballadoras de
entidades de economía social que estean interesadas en coñecer as diferentes estratexias, técnicas e ferramentas web 2.0 para mellorar a súa comunicación e aumentar a súa visibilidade.
As sesións serán presenciais o 5 e o 7 de marzo na Aula CeMIT do Centro Cívico de Eirís (A Coruña). De 09.30 a 14.00 horas.
O prazo de inscripcións remata o 27 de febreiro e poderá facerse a través de: 981 558 008 ou en eusumo.emprego@xunta.es

O Programa é o seguinte:

Sesión 1 (presencial):
• O CMS WordPress: por que elixir WordPress? Vantaxes e inconvenientes
• Posta en marcha de WordPress: aspectos básicos e instalación
• Instalación de temas e personalización
• O contorno WordPress: estruturación da web e configuración de seccións
• Exercicios prácticos

Sesión 2 (presencial):
• Edición de páxinas e estilo
• Instalación e configuración de plugins en WordPress
• Ferramentas clave para a optimización de WordPress
• Exercicios prácticos

Caso práctico (en liña)
Titorías (en liña)


  • Programa_wordpress_iv