APE-Galicia - Servizos

Praza de España, 1 – 1º Esq. – Ofic. 1 | 36002 – PONTEVEDRA
Telf.: 986891657 | Fax: 986891657
Inicio » Listado de noticias » O igape convoca axudas aos ...

Ig236_re_acciona_tic_axudas_aos_servizos_de_asistencia_diagnostico_e_soporte_na_implantacion_de_solucions_de_industria_4_0_2018_

O IGAPE CONVOCA AXUDAS AOS SERVIZOS DE ASISTENCIA, DIAGNÓSTICO E SOPORTE NA IMPLANTACIÓN DE SOLUCIÓNS DE INDUSTRIAS 4.0

IG236 - RE-ACCIONA TIC - AXUDAS AOS SERVIZOS DE ASISTENCIA, DIAGNÓSTICO E SOPORTE NA IMPLANTACIÓN DE SOLUCIÓNS DE INDUSTRIA 4.0 (2018)


O prazo de presentación comeza o 30/01/2018


Poderán ser beneficiarias as pequenas e medianas empresas (pemes), incluíndo os autónomos, comunidades de bens, asociacións, fundacións ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, leven a cabo actividade empresarial. En calquera caso, deberán ter radicado algún centro de traballo en Galicia e cumprir a definición de peme. Para esta definición utilizarase a establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014 (DOUE L 187, do 26 de xuño de 2014), polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado común en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado (Regulamento xeral de
exención por categorías).

As axudas concédense en réxime de concorrencia competitiva e teñen por obxecto conceder axudas ás pemes destinatarias dos seguintes servizos de asistencia, diagnóstico e soporte na implantación de solucións de Industria 4.0, para a súa realización en empresas galegas, dentro do programa Re-accionaTIC, integrados nas seguintes categorías:

a) Servizo de diagnóstico de capacidades e oportunidades para a aplicación de solucións de Industria 4.0. Neste servizo analizarase a situación actual da empresa e farase unha detección das súas capacidades para orientarse cara a unha industria 4.0. Tras a elaboración deste diagnóstico inicial, a contratista identificará as necesidades organizativas e tecnolóxicas que permitan á empresa incorporar novas tecnoloxías e preparará un
itinerario de implantación tecnolóxico.

b) Servizo de acompañamento na posta en marcha de solucións de Industria 4.0. Trátase de xestionar o proxecto de implantación dun mínimo de 2 medidas de solucións de Industria 4.0 consideradas de maior relevancia pola empresa, procedentes dun diagnóstico de capacidades que pode ser realizado dentro deste programa ou ben pode ser resultado doutra análise que ofreza similares resultados.

c) Servizo de xeración de modelos e simulación industrial. Consiste en executar un proxecto de xeración de modelos e simulacións sobre eles. Deste xeito, debe existir un produto, prototipo ou proceso que sexa susceptible da súa modelización, así como un problema que resolver para o cal se necesite realizar procesos de simulación sobre o modelo xerado.

Prazos de presentación de solicitudes
Convocatoria 2018.1: desde o día seguinte á publicación da resolución de convocatoria no Diario Oficial de Galicia ata o 1.3.2018.
Convocatoria 2018.2: desde o 5.3.2018 ata o 19.4.2018.
Convocatoria 2018.3: desde o 23.4.2018 ata o 7.6.2018.
Convocatoria 2018.4: desde o 11.6.2018 ata o 31.7.2018.

Orde: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180129/AnuncioO92-020118-0003_gl.pdf

Ligazón Igape: http://www.igape.es/es/base-xeral-de-axudas/ficha/IGAP342


  • Ig236_re_acciona_tic_axudas_aos_servizos_de_asistencia_diagnostico_e_soporte_na_implantacion_de_solucions_de_industria_4_0_2018_